Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Subvencións de funcionamento para 2017 ás redes activas a nivel da UE no eido: ”dereitos das persoas con discapacidade” e que teñan asinado un acordo marco de cooperación 2015-2017 - VP/2016/013

Programa

DEREITOS, IGUALDADE E CIDADANÍA

Obxectivo xeral

Promover e protexer os dereitos das persoas con discapacidade.

Obxectivo específico da convocatoria

Ofrecer subvencións operativas para 2017 baixo o Acordo Marco de Cooperación concluído para o período 2015-2017 para proporcionar cooperación a longo prazo entre a Comisión Europea e as redes activas a nivel comunitario en promoción e protección dos dereitos das persoas con discapacidade.

Eidos de actuación

Os proxectos deberán abordar unha ou máis das seguintes prioridades:

  • Apoiar a implementación das prioridades da Estratexia Europea sobre Discapacidade 2010-2020 no contexto dunha revisión intermedia.

  • Contribuír á implementación da Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade e promover a implicación das organizacións nacionais na mesma.

  • Apoiar e contribuír a implementar as Conclusións do informe de implementación da Convención de Nacións Unidas por parte da Unión Europea.

  • Apoiar a consecución dos obxectivos da Estratexia Europa 2020 en materia de emprego, pobreza e educación.

  • Apoiar o desenvolvemento, a implementación e o control das políticas nacionais da UE e a súa lexislación en materia de discapacidade.

  • Contribuír á transversalidade de distintos aspectos dos asuntos relacionados coa discapacidade na UE e nas políticas nacionais, particularmente nas áreas de emprego, educación, inclusión social, protección social, saúde, dereitos humanos, cooperación internacional e desenvolvemento coa finalidade de garantir que os dereitos e necesidades das persoas con discapacidades afróntanse correctamente.

  • Contribuír á mellora do acceso a bens e servizos, incluso apoiando o traballo realizado ó amparo da Acta Europea de Accesibilidade e demás de lexislación europea.

  • Contribuír ó desenvolvemento de políticas específicas relevantes no eido da vida dependiente, particularmente en relación coa transición dos coidados institucionais a coidados baseados na comunidade.


Os tipos de actividades que se poderán financiar son as de carácter analítico, de formación, de ensinanza mutua, de cooperación, de concienciación e de divulgación.

Destinatarios

Organizacións que teñan asinado un Acordo Marco de Cooperación coa Comisión Europea segundo establece a correspondente convocatoria de 2014.
As accións deberán realizarse nalgún Estado Membro, en Islandia ou en Liechtenstein.

Financiamento

Ata o 80% dos custes.

Orzamento total da convocatoria

3 millóns de euros

Duración do proxecto

A duración do proxecto debe coincidir co ano financeiro do solicitante.

Data de publicación

22/07/2016

Data límite de solicitude

16/09/2016

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante