Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Proxectos transnacionais para a promoción de boas prácticas en roles de xénero e para superar os estereotipos de xénero en educación, formación e no posto de traballo - JUST/2015/RGEN/AG/ROLE

Programa

DEREITOS, IGUALDADE E CIDADANÍA

Obxectivo xeral

O obxectivo principal da convocatoria é contribuir á promoción da igualdad entre homes e mulleres na educación, formación e mercado de traballo.

Obxectivo específico da convocatoria

  • 1)Abordar os estereotipos na elección de educación e carreiras e promocionar a igualdade de xénero na educación, na formación e na asesoría profesional.

  • 2)Atraer ás mulleres a sectores ou profesións “dominadas” polos homes e atraer ós homes ás profesións e sectores “dominados” polas mulleres.

  • 3)Confrontar os prexuízos estereotipados sobre os roles de homes e mulleres no mercado de traballo, incluíndo os que afectan ás posicións de liderazgo, e mudar os comportamentos e as prácticas que afectan á igualdade.

  • 4)Asegurar que as prácticas laborais promoven a igualdade de xénero e non reforzan os estereotipos, a segregación por xénero ou as desigualdades.

Eidos de actuación

Entre outros:

  • 1)Desenvolvemento e prevision de actividades de formación ou cursos online para profesores e educadores, así como para asesores no eido professional, de xeito que conten con todas as ferramentas necesarias para combater os estereotipos de xénero.

  • 2)Revisar e desenvolver os materiais pedagóxicos (guías, libros, vídeos, etc) coa finalidade de acabar cos estereotipos de xénero.

  • 3)Revisar os curricula, programas e horarios para eliminar os sesgos de xénero.

  • 4)Organizar actividades de concienciación para cuestionar os estereotipos, loitar contra a segregación no mercado laboral e atraer ás mulleres ós sectores predominantemente masculinos e ós homes ós sectores predominantemente femininos.

Destinatarios

Os solicitantes deben ser organización públicas ou privadas legalmente constituidas ou ben organización internacionais sen ánimo de lucro. Os corpos e organizacións con ánimo de lucro só poden figurar como socios, pero non como coordinadores. Tales entidades deben estar legalmente establecidas nun país da UE, en Islandia ou en Liechtenstein.

Socios

Non figura o número exacto, pero deben ser de, polo menos, tres países dos anteriormente mencionados.

Financiamento

Financiarase como máximo o 80% dos custos do proxecto, sendo o mínimo que se solicite 200.000 euros. Sen cantidade máxima.

Orzamento total da convocatoria

3.35 millóns de euros.

Duración do proxecto

Como máximo 30 meses.

Data de publicación

01/02/2016

Data límite de solicitude

27/05/2016

Documentación

Contacto

Pódense enviar preguntas ó enderezo siguiente, indicando o código da convocatoria:
EC-REC-CALLS@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante