Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Subvencións para apoiar proxectos nacionais ou transnacionais para mellorar os dereitos das vítimas da delincuencia e da violencia - JUST/2015/SPOB/AG/VICT.

Programa

DEREITOS, IGUALDADE E CIDADANÍA

Obxectivo xeral

Defender ás vítimas de violencia e ofrecerlles unha liña de acceso á xustiza.

Obxectivo específico da convocatoria

• Previr e combater todas as formas de violencia contra os nenos, os mozos e as mulleres, así como outros grupos de risco de violencia nas relacións íntimas; e protexer ás vítimas desa violencia.
• Mellorar os dereitos das vítimas de delitos en liña co obxectivo específico dos Programas de Xustiza para facilitar o acceso efectivo á xustiza para todos, incluíndo a promoción e o apoio aos dereitos das vítimas de delitos.


Eidos de actuación

-Daphne:
1.Creación de capacidades e formación de profesionais para o apoio ás vítimas, así como, as relacionadas con cuestións de xénero e infancia.
2.Programas de apoio dirixidas ás vítimas máis vulnerables.
3.Aprendizaxe mutua, identificación e intercambio de boas prácticas.
4.Actividades de sensibilización, capacitación e intercambio de prácticas.
-Acceso á xustiza:
1.Aprendizaxe mutua e intercambio de boas prácticas.
2.Fomento das capacidades dos profesionais.
3.Desenvolvemento das capacidades do persoal das organizacións de apoio ás vítimas e dos servizos de xustiza.
4.Desenvolvemento de ferramentas de información, intercambio e subministración de información.
5.Facilitar a cooperación entre autoridades competentes e axencias, profesionais e provedores de servizos.
6.Actividades analíticas.
Os proxectos poden ser nacionais ou transnacionais.


Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zonas de actuación. A entidade líder debe ser unha sen ánimo de lucro.

Socios

O proxecto debe ontar, polo menos, con tres socios transnacionais.

Financiamento

Cubrirá o 80% dos custos.

Orzamento total da convocatoria

5,02 M€.

Duración do proxecto

Que non exceda de 24 meses.

Data de publicación

13/01/2016

Data límite de solicitude

08/04/2016

Documentación

Contacto

Dirección Xeral de Emprego, Asuntos Sociais e Igualdade de Oportunidades
• Rue de Spa , 3, 1000 - Bruxelles
• Rue Joseph II, 27, 1000 - Bruxelles
• Rue Joseph II, 54, 1000 - Bruxelles
• Rue Robert Stumper 10, L-2557 Luxembourg/Gasperich.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante