Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Apoio a proxectos transnacionais para fortalecer as capacidades dos profesionais dos sistemas de protección da infancia e dos profesionais do dereito que representan a menores en procesos xudiciais - JUST/2015/RCHI/AG/PROF

Programa

DEREITOS, IGUALDADE E CIDADANÍA

Obxectivo xeral

Apoiar os sistemas integrados de protección da infancia e aumentar a capacidade dos profesionais no eido legal de representar ós menores nos procesos xudiciais, de acordo co obxectivo de protexer os dereitos dos menores.

Obxectivo específico da convocatoria

  • 1)Apoiar as capacidades dos profesionais que traballan nos sistemas de protección da infancia e dos profesionais do Dereito que representan ós menores nos procesos xudiciais, con base nos standards internacionais e da UE.


  • 2)Fomentar as capacidades de apoiar o desenvolvemento de módulos de formación (en particular de formación de formadores e aplicación de ferramentas prácticas).


  • 3)Para os grupos A e C, mellorar a interagency e a coordinación e cooperación multidisciplinar.


Eidos de actuación

Grupo destinatario A: Creación de capacidades para profesionais que traballan con ou para nenos en acollida ou detención.


Grupo destinatario B: Creación de capacidades para avogados / asesores legales que representan a nenos na xustiza penal, administrativa e civil.


Grupo destinatario C: Creación de capacidades para os profesionais do Dereito e outros, como os traballadores sociais e da saúde, os traballadores novos e a policía, para realizar probas piloto e desplegar prácticas multidisciplinares baseadas na evidencia adaptados ós nenos.


Destinatarios

Organizacións legalmente constituídas conforme ó Dereito público ou privado e organizacións internacionais sen ánimo de lucro.


Organizacións con ánimo de lucro poden participar, pero sempre asociadas a unha entidade sen ánimo de lucro, que será a líder.


Socios

Como mínimo, requírense catro socios transnacionais.

Financiamento

A axuda pode cubrir ata o 80% dos custos.

Orzamento total da convocatoria

3 300 000. euros

Duración do proxecto

Non máis de 24 meses.

Data límite de solicitude

04/05/2016

Documentación

Contacto

As dúbidas pódense remitir ó enderezo EC-REC-CALLS@ec.europa.eu

Comentarios

A data límite de solicitude remata o 4 de maio de 2016 ás 12.00H (horario de Europa Central)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante