Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria Daphne – Proxectos transnacionais sobre violencia contra as mulleres, os mozos e os nenos vinculados a prácticas daniñas JUST/2014/RDAP/AG/HARM

Programa

DEREITOS, IGUALDADE E CIDADANÍA

Obxectivo xeral

Apoio a proxectos transnacionais en materia de prevención e de información para combater a violencia contra as mulleres, mozos e os nenos relacionada con prácticas nocivas.

A prioridade da presente convocatoria é combater e previr a violencia vinculada ás prácticas nocivas, tales como a mutilación xenital feminina, o matrimonio forzado ou precoz,as relacións sexuais forzadas, e os chamados ”crimes de honor” cometidos contra as mulleres, os mozos e nenos.

Eidos de actuación

Esta convocatoria financiará actividades de:

• Promover un enfoque integrado, en particular mediante o desenvolvemento e a implantación de guías multi-sectoriais e protocolos para os actores implicados na protección do neno e outros actores en contacto coas vítimas ou posibles vítimas de prácticas nocivas.

• Aumentar o grado de sensibilización e catalizar un cambio de actitudes entre as comunidades pertinentes, mediante o diálogo, a aprendizaxe mutua e o intercambio de boas prácticas.

Destinatarios

Os solicitantes ou socios deben ser organizacións tanto públicas como privadas ou organizacións internacionais legalmente constituídas. O solicitante debe ser unha organización sen ánimo de lucro. Isto avaliarase en base aos estatutos, en particular, se permiten a posibilidade de distribuír ganancias aos membros/accionistas. Os organismos e organizacións con ánimo de lucro terán acceso á subvenciones só como socios dun organismo ou organización sen ánimo de lucro.

Poderán participar na convocatoria as organizacións establecidas legalmente nos Estados Membros ou en Islandia.

Socios

O proxecto debe ser transnacional; a asociación debe estar integrada por socios de mínimo tres países participantes distintos.

Financiamento

A subvención mínima será de 75.000 euros. Esta subvención se basea no principio de cofinanciamento: a subvención non poderá superar o 80% do custe total del proxecto.

Orzamento total da convocatoria

4.500.000 euros.

Duración do proxecto

24 meses

Data de publicación

27/02/2015

Data límite de solicitude

03/06/2015

Documentación

Contacto

Se poderán enviar preguntas ao seguinte correo electrónico:

EC-REC-CALLS@ec.europa.eu

O prazo para enviar os correos electrónicos recibidos é ata 7 días naturais antes da data límite da convocatoria. Os correos electrónicos enviados despois non serán respondidos.

Comentarios

O procedemento para á presentación das solicitudes será a través de PRIAMOS, un sistema on-line. Os solicitantes terán que rexistrarse e obter o usuario e a contrasinal para acceder ao sistema. A información e guía sobre cómo rexistrarse e presentar a solicitude a través de PRIAMOS atópase no seguinte enlace:

http://ec.europa.eu/justice/grants1/priamos/index_en.htm

A referencia desta convocatoria en PRIAMOS é: JUST/2014/RDAP/AG/HARM

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante