Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de proxectos transnacionais vinculados a nenos vítimas do acoso escolar - JUST/2014/RDAP/AG/BULL

Programa

DEREITOS, IGUALDADE E CIDADANÍA

Obxectivo xeral

Esta convocatoria ten por obxecto cofinanciar proxectos transnacionais vinculados a nenos vítimas do acoso na escola, nos centros residenciais e de detención. Así, o seu obxectivo é loitar contra dito acoso.

Obxectivo específico da convocatoria

Previr e combater todas as formas de violencia contra os niños, a xuventude e as mulleres, así como a violencia contra outros grupos de risco, en particular os que se atopan en situación de risco de sufrir violencia doméstica, e protexer ás vítimas desa violencia ( Vertente Daphne).

Eidos de actuación

Esta convocatoria financiará actividades de:

• Aprendizaxe mutua, intercambio de boas prácticas e actividades de cooperación.

• Formación.

En particular, os proxectos deben desenvolver e por en práctica, políticas e programas piloto contra o acoso escolar xa existentes. Os proxectos poden cubrir as de redes sociais e o ciberacoso como unha extensión do acoso en escolas, centros residencias e de detención.

Os proxectos financiados nesta convocatoria deben involucrar a nenos, mestres/educadores/gardas /coidadores, así como aos pais no seu caso, dun xeito participativo.

Destinatarios

Os solicitantes ou socios deben ser organizacións tanto públicas como privadas ou organizacións internacionais legalmente constituídas. O solicitante debe ser unha organización sen ánimo de lucro. Isto avaliarase en base aos estatutos, en particular, se permiten a posibilidade de distribuír ganancias aos membros/accionistas. Os organismos e organizacións con ánimo de lucro terán acceso á subvenciones só como socios dun organismo ou organización sen ánimo de lucro.

Poderán participar na convocatoria as organizacións establecidas legalmente nos Estados Membros ou en Islandia.

Socios

O proxecto debe ser transnacional; a asociación debe estar integrada por socios de mínimo tres países participantes distintos.

Financiamento

A subvención mínima será de 75.000 euros, sendo a máxima de 300.000 euros. Esta subvención se basea no principio de cofinanciamento: a subvención non poderá superar o 80% do custe total del proxecto

Orzamento total da convocatoria

1.500.000 euros

Duración do proxecto

24 meses

Data de publicación

12/11/2014

Data límite de solicitude

10/03/2015

Documentación

Contacto

Se poderán enviar preguntas ao seguinte correo electrónico:

EC-REC-CALLS@ec.europa.eu

O prazo para enviar os correos electrónicos recibidos é ata 7 días naturais antes da data límite da convocatoria. Os correos electrónicos enviados despois non serán respondidos.

Comentarios

O procedemento para á presentación das solicitudes será a través de PRIAMOS, un sistema on-line. Os solicitantes terán que rexistrarse e obter o usuario e a contrasinal para acceder ao sistema. A información e guía sobre cómo rexistrarse e presentar a solicitude a través de PRIAMOS atópase no seguinte enlace:

http://ec.europa.eu/justice/grants/priamos/index_en.htm

A referencia desta convocatoria en PRIAMOS é: JUST/2014/RDAP/AG/BULL

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante