Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Subvencións destinadas a proxectos de apoio ás vítimas de violencia e delitos - JUST/2014/SPOB/AG/VICT

Programa

DEREITOS, IGUALDADE E CIDADANÍA

Obxectivo xeral

A presente convocatoria ten dous obxectivos básicos:

• Cofinanciar proxectos transnacionais que apoien ás vítimas de violencia en liña co obxectivo específico do programa REC (Dereitos, Igualdade e Cidadanía) para previr e combater todas as formas da violencia contra os nenos, os mozos e as mulleres, así como a violencia contra outros grupos en situación de risco, en particular os que se atopen en risco de violencia doméstica (vertente Daphne).

• Cofinanciar proxectos transnacionais e nacionais que melloren os dereitos das vítimas de delitos en liña co obxectivo específico do Programa de Xustiza para facilitar o acceso efectivo á xustiza para todos, incluíndo promover e apoiar os dereitos das vítimas de delitos (vertente Xustiza).

Obxectivo específico da convocatoria

• Previr e combater todas as formas da violencia contra os nenos, os mozos e as mulleres.

• Facilitar o acceso efectivo á xustiza para todos.

Eidos de actuación

• Vertente Daphne:

o Fomento das capacidades do persoal especializado que presta apoio ás vítimas.
o Fomento das capacidades en relación con cuestións específicas de xénero e as cuestiones específicas de cada neno.
o Desenvolvemento de estratexias integradas e específicas para mellorar a cooperación multidisciplinar e interinstitucional entre os actores pertinentes.
o Programas específicos de apoio á autonomía, en particular, para as vítimas máis vulnerables.

• Vertente Xustiza: Poden incluír a formación de profesionais, a cooperación e a coordinación dos servizos, o desenvolvemento de materiais de información e ferramentas, directrices, a identificación e o intercambio das mellores prácticas. Os proxectos deben centrarse nas seguintes accións:

o Aplicación dos artigos 8 e 9 da Directiva - Apoio ás Vítimas.
o Aplicación do artigo 22 da Directiva - Avaliación individual das necesidades de protección das vítimas.
o Aplicación do artigo 25 da Directiva - Formación de profesionais.
o Aplicación do artigo 26 da Directiva - Cooperación e coordinación de servizos para mellorar o acceso das vítimas aos dereitos e servizos.

Destinatarios

Os solicitantes ou socios deben ser organizacións tanto públicas como privadas ou organizacións internacionais legalmente constituídas. O solicitante debe ser unha organización sen ánimo de lucro. Isto avaliarase en base aos estatutos, en particular, se permiten a posibilidade de distribuír ganancias aos membros/accionistas. Os organismos e organizacións con ánimo de lucro terán acceso á subvenciones só como socios dun organismo ou organización sen ánimo de lucro.

• Vertente Daphne:
Poderán participar na convocatoria as organizacións establecidas legalmente en Estados Membros, ou en Islandia.

• Vertente Xustiza:
Poderán participar na convocatoria as organizacións establecidas legalmente en Estados Membros, a excepción de Reino Unido e Dinamarca.

Socios

• Vertente Daphne:
O proxecto debe ser transnacional; a asociación debe estar integrada por socios de mínimo tres países participantes distintos.

• Vertente Xustiza:
O proxectos pode ser tanto nacional como transnacional, e pode presentarse un único solicitante ou unha asociación de máis dun.

Financiamento

A subvención mínima será de 75.000 euros. Non existe límite máximo. Esta subvención se basea no principio de cofinanciamento: a subvención non poderá superar o 80% do custe total del proxecto.

Orzamento total da convocatoria

• Vertente Daphne: 4.500.000 euros.

• Vertente Justicia: 1.000.000 euros.

Duración do proxecto

24 meses

Data de publicación

29/10/2014

Data límite de solicitude

10/02/2015

Documentación

Contacto

Se poderán enviar preguntas ao seguinte correo electrónico:

EC-JUSTICE-CALLS@ec.europa.eu

O prazo para enviar os correos electrónicos recibidos é ata 7 días naturais antes da data límite da convocatoria. Os correos electrónicos enviados despois non serán respondidos.

Comentarios

Esta convocatoria englóbase tanto baixo o Programa REC como baixo o Programa de Xustiza.

O procedemento para á presentación das solicitudes será a través de PRIAMOS, un sistema on-line. Os solicitantes terán que rexistrarse e obter o usuario e a contrasinal para acceder ao sistema. A información e guía sobre cómo rexistrarse e presentar a solicitude a través de PRIAMOS atópase no seguinte enlace:

http://ec.europa.eu/justice/grants/priamos/index_en.htm

A referencia desta convocatoria en PRIAMOS é: JUST/2014/SPOB/AG/VICT

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante