Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de proxectos nacionais ou transnacionais para promover políticas de cidadanía da Unión Europea - JUST/2014/RCIT/AG/CITI

Programa

DEREITOS, IGUALDADE E CIDADANÍA

Obxectivo xeral

Esta convocatoria ten por obxecto o cofinanciamento de proxectos nacionais ou transnacionais que contribúan á promoción e aumento do exercicio dos dereitos derivados da cidadanía da Unión Europea, en particular, de facilitar o exercicio do dereito á libre circulación e os dereitos electorais derivados de dita cidadanía.

As propostas centraranse nas seguintes prioridades:

• Crear conciencia e mellorar o coñecemento sobre as normas da UE en relación á libre circulación, en particular a Directiva 2004/38/CE;

• Fomentar a inclusión exitosa e a participación dos cidadáns da UE na vida cívica e política do país de acollida da UE no que residan.

Eidos de actuación

As actividades financiadas poderán estar dirigidas a:

• Mellorar o coñecemento e a experiencia nas normas da UE sobre a libre circulación, en particular Directiva 2004/38/CE, sobre as autoridades locais/rexionais/nacionais que participan na aplicación destas normas;

• Sensibilización da cidadanía sobre o seu dereito á libre circulación e a súa capacidade para a aplicación efectiva dos seus dereitos na UE;

• Desenvolver, identificar e promover o intercambio e a difusión das mellores prácticas aplicadas en toda a UE a nivel local/rexional/nacional para fomentar a inclusión exitosa e a participación dos cidadás da UE na vida cívica e política do país de acollida da UE no que residan.

Destinatarios

Os solicitantes ou socios deben ser organizacións tanto públicas como privadas ou organizacións internacionais legalmente constituídas. O solicitante debe ser unha organización sen ánimo de lucro. Isto avaliarase en base aos estatutos, en particular, se permiten a posibilidade de distribuír ganancias aos membros/accionistas. Os organismos e organizacións con ánimo de lucro terán acceso á subvenciones só como socios dun organismo ou organización sen ánimo de lucro.

Poderán participar na convocatoria as organizacións establecidas legalmente nos Estados Membros ou en Islandia.

Financiamento

A subvención mínima será de 75.000 euros. No existe límite máximo. Esta subvención basease no principio de cofinanciamento: a subvención non poderá superar o 80% do custe total do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

1.500.000 euros

Duración do proxecto

Duración inicial de 24 meses como máximo.

Data de publicación

14/10/2014

Data límite de solicitude

04/02/2015

Documentación

Contacto

Se poderán enviar preguntas ao seguinte correo electrónico:

EC-REC-CALLS@ec.europa.eu

O prazo para enviar os correos electrónicos recibidos é ata 7 días naturais antes da data límite da convocatoria. Os correos electrónicos enviados despois non serán respondidos.

Comentarios

O procedemento para á presentación das solicitudes será a través de PRIAMOS, un sistema on-line. Os solicitantes terán que rexistrarse e obter o usuario e a contrasinal para acceder ao sistema. A información e guía sobre cómo rexistrarse e presentar a solicitude a través de PRIAMOS atópase no seguinte enlace:

http://ec.europa.eu/justice/grants/priamos/index_en.htm

A referencia desta convocatoria en PRIAMOS é: JUST/2014/RCIT/AG/CITI

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante