Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas para proxectos transnacionais sobre os dereitos dos nenos na Unión Europea - JUST/2014/JPPI/AG/CHIL

Programa

DEREITOS, IGUALDADE E CIDADANÍA

Obxectivo xeral

Esta convocatoria ten por obxecto o cofinanciamento de proxectos transnacionais dirixidos a aumentar a conciencia dos nenos sobre os seus dereitos no contexto dos procesos xudiciais penais, civís e administrativos. Para isto os proxectos deben desenvolver e implantar programas de sensibilización nas escolas de ensinanza secundaria.

Obxectivo específico da convocatoria

Promover os dereitos do neno.

Eidos de actuación

Os proxectos deben incluír actividades interactivas que permitan asimilar e comprender aos estudantes de ensinanza secundaria os seus dereitos, tendo en conta o contexto nacional relativo de cada país participante, e facendo especial fincapé na lexislación pertinente da UE. Os solicitantes tamén deben ter en conta as conclusións do estudo para recoller datos sobre a participación dos nenos en procesos xudiciais penais, civís e administrativos.

Os proxectos deben involucrar a nenos, profesores e/o persoal de xeito participativo e que permita o empoderamento. Os proxectos tamén deben tratar de obter retroalimentación anónima dos participantes e compartilo cos profesionais competentes dos Estados Membros afectados, e coa Comisión Europea, co fin de mellorar as prácticas de xustiza adaptadas aos nenos nos Estados Membros.

Destinatarios

Os solicitantes ou socios deben ser organizacións tanto públicas como privadas ou organizacións internacionais legalmente constituídas. O solicitante debe ser unha organización sen ánimo de lucro. Isto avaliarase en base aos estatutos, en particular, se permiten a posibilidade de distribuír ganancias aos membros/accionistas. Os organismos e organizacións con ánimo de lucro terán acceso á subvenciones só como socios dun organismo ou organización sen ánimo de lucro.

Poderán participar na convocatoria as organizacións establecidas legalmente nos Estados Membros.

Socios

O proxecto debe ser transnacional; de modo como mínimo estea integrado por dos países participantes distintos.

Financiamento

A subvención mínima será de 75.000 euros, sen superar en ningún caso os 350.000 euros. Esta subvención basease no principio de cofinanciamento: a subvención non poderá superar o 80% do custe total do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario destinado a esta convocatoria dispoñible é de 700.000 euros.

Duración do proxecto

Duración inicial de 24 meses como máximo.

Data de publicación

26/09/2014

Data límite de solicitude

11/12/2014

Documentación

Contacto

Se poderán enviar preguntas ao seguinte correo electrónico:

EC-JUSTICE-CALLS@ec.europa.eu

O prazo para enviar os correos electrónicos recibidos é ata 7 días naturais antes da data límite da convocatoria. Os correos electrónicos enviados despois non serán respondidos.

Comentarios

O procedemento para á presentación das solicitudes será a través de PRIAMOS, un sistema on-line. Os solicitantes terán que rexistrarse e obter o usuario e a contrasinal para acceder ao sistema. A información e guía sobre cómo rexistrarse e presentar a solicitude a través de PRIAMOS atópase no seguinte enlace:

http://ec.europa.eu/justice/grants/priamos/index_en.htm

A referencia desta convocatoria en PRIAMOS é: JUST/2014/JPPI/AG/CHIL

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante