Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de subvencións destinadas ao apoio de proxectos transnacionais para desenvolver a capacidade dos profesionais no área dos dereitos do neno - JUST/2014/RCHI/AG/PROF

Programa

DEREITOS, IGUALDADE E CIDADANÍA

Obxectivo xeral

Esta convocatoria ten por obxecto o cofinanciamento de proxectos transnacionais que promovan e apoien un sistema integrado de protección da infancia, así como de aumentan a capacidade dos profesionais que representan a nenos en procesos xudiciais.

Obxectivo específico da convocatoria

Promover os dereitos do neno.

Eidos de actuación

Os proxectos presentados deben adoptar un enfoque baseado nos dereitos e Fundamentos da Carta dos Dereitos Fundamentais e a Convención da ONU sobre os dereitos do neno. Os solicitantes deben incluír referencias claras e explícitas a UE e á lei e estándares internacionais; que guiarán ditos proxectos. Darase prioridade aos proxectos enfocados aos nenos de grupos vulnerables.

Todos os proxectos non só deben desenvolver unha metodoloxía sólida destinada a identificar as boas prácticas ou de intervención, senón que tamén deben incluír accións prácticas para lograr resultados concretos.

Concretamente, as actividades financiadas poderán ser:

• Desenvolvemento de capacidades dos profesionais que traballan con nenos en acollida e detención.
• Fomento da capacidade dos avogados que representan aos nenos na xustiza penal, administrativa e civil sobre métodos innovadores empregados para promover e protexer os dereitos do neno.
• Desenvolvemento de capacidades dos profesionais do dereito e outros como profesionais sociais, traballadores da saúde e a policía.

Destinatarios

Os solicitantes ou socios deben ser organizacións tanto públicas como privadas ou organizacións internacionais legalmente constituídas. O solicitante debe ser unha organización sen ánimo de lucro. Isto avaliarase en base aos estatutos, en particular, se permiten a posibilidade de distribuír ganancias aos membros/accionistas. Os organismos e organizacións con ánimo de lucro terán acceso á subvenciones só como socios dun organismo ou organización sen ánimo de lucro.

Poderán participar na convocatoria as organizacións establecidas legalmente nos Estados Membros ou en Islandia.

Socios

O proxecto debe ser transnacional; de modo como mínimo estea integrado por catro países participantes distintos.

Financiamento

A subvención mínima será de 100.000 euros. Non existe límite máximo. Esta subvención basease no principio de cofinanciamento: a subvención non poderá superar o 80% do custe total do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario destinado a esta convocatoria dispoñible é de 3.800.000 euros.

Duración do proxecto

Duración inicial de 24 meses como máximo.

Data de publicación

01/10/2014

Data límite de solicitude

15/01/2015

Documentación

Contacto

Se poderán enviar preguntas ao seguinte correo electrónico:

EC-REC-CALLS@ec.europa.eu


O prazo para enviar os correos electrónicos recibidos é ata 7 días naturais antes da data límite da convocatoria. Os correos electrónicos enviados despois non serán respondidos.

Comentarios

O procedemento para á presentación das solicitudes será a través de PRIAMOS, un sistema on-line. Os solicitantes terán que rexistrarse e obter o usuario e a contrasinal para acceder ao sistema. A información e guía sobre cómo rexistrarse e presentar a solicitude a través de PRIAMOS atópase no seguinte enlace:

http://ec.europa.eu/justice/grants1/priamos/index_en.htm

A referencia desta convocatoria en PRIAMOS é: JUST/2014/RCHI/AG/PROF

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante