Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de proxecto(s) para unha plataforma electrónica sobre mutilación xenital feminina - JUST/2014/RPPI/AG/FGMU

Programa

DEREITOS, IGUALDADE E CIDADANÍA

Obxectivo xeral

Esta convocatoria está dirixida a cofinanciar proxectos transnacionais que teñan como propósito desenvolver unha plataforma electrónica de coñecemento para os profesionais que traballan contra a mutilación xenital feminina (FGM).

Na Estratexia para a igualdade entre mulleres e homes 2010-2015, a Comisión Europea comprometeuse a continuar e intensificar as súas actividades no campo da igualdade de xénero en seis áreas prioritarias, entre estas a dignidade, integridade e fin da violencia de, cunha referencia específica á FGM. Respecto á FGM, o desenvolvido recentemente é:

• Resolución do Parlamento Europeo do 14 de xuño de 2012 para poñer fin á FGM.
• Resolución 2014/2511(RSP) do Parlamento Europeo sobre a Comunicación da Comisión titulada «Cara a eliminación da mutilación xenital feminina».

Establécense medidas internas e externas da UE para un mellor entendemento da práctica, para evitar a FGM, para apoiar ás vítimas, e para protexer ás mulleres en situación de risco, tanto na Unión Europea como nas partes do mundo onde se perpetra este crime.

O Parlamento Europeo pediu á Comisión Europea por en práctica un proxecto piloto co fin de:

• Desenvolver unha plataforma electrónica de coñecemento sobre a FGM, que reunirá información de doado acceso e apoio aos profesionais, ofrecerá apoio ás vítimas do xeito máis más eficaz, axudará a previr a FGM e protexerá ás mulleres e nenas que viven con ou co risco de FGM.
• Contribuír á aplicación da Directiva sobre os dereitos das vítimas de delitos e a Directiva relativa á protección internacional.
• Mellorar o coñecemento da práctica, evitando a estigmatización nos medios de comunicación e axudar á protección das mulleres e nenas que viven con ou co risco de FGM.

Eidos de actuación

A través desta convocatoria ofrecerase apoio económico, preferiblemente a un único proxecto, enfocado a:

• Desenvolver e manter unha plataforma online que inclúa:

o Cursos e-learning sobre diferentes aspectos da FGM.
o Páxinas de información concretas para os países.

• Difusión da plataforma.
• Seguimento e avaliación da plataforma.

Destinatarios

Os solicitantes ou socios deben ser organizacións tanto públicas como privadas ou organizacións internacionais legalmente constituídas. O solicitante debe ser unha organización sen ánimo de lucro. Isto avaliarase en base aos estatutos, en particular, se permiten a posibilidade de distribuír ganancias aos membros/accionistas. Os organismos e organizacións con ánimo de lucro terán acceso á subvenciones só como socios.

Poderán participar na convocatoria as organizacións establecidas legalmente en Estados Membros.

Socios

O proxecto debe ser transnacional; de xeito que estea integrado por socios de mínimo tres países distintos.

Financiamento

A subvención mínima será de 75.000 euros. Non existe límite máximo. Esta subvención basease no principio de cofinanciamento: a subvención non poderá superar o 80% do custe total del proxecto.

Orzamento total da convocatoria

A previsión do orzamento comunitario destinado a esta convocatoria dispoñible é:
900.000 euros.

Duración do proxecto

Duración inicial de 24 meses como máximo.

Data de publicación

01/10/2014

Data límite de solicitude

08/01/2015

Documentación

Contacto

Poderánse enviar preguntas ao seguinte correo electrónico:

EC-REC-CALLS@ec.europa.eu

O prazo para enviar os correos electrónicos recibidos é ata 7 días naturais antes da data límite da convocatoria. Os correos electrónicos enviados despois non serán respondidos.

Comentarios

O procedemento para á presentación das solicitudes será a través de PRIAMOS, un sistema on-line. Os solicitantes terán que rexistrarse e obter o usuario e a contrasinal para acceder ao sistema. A información e guía sobre cómo rexistrarse e presentar a solicitude a través de PRIAMOS atópase no seguinte enlace:

http://ec.europa.eu/justice/grants1/priamos/index_en.htm

A referencia desta convocatoria en PRIAMOS é: JUST/2014/RPPI/AG/FGMU

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante