Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de subvencións destinadas a previr e combater o racismo, a xenofobia, a homofobia e outras formas de intolerancia - JUST/2014/RRAC/AG

Programa

DEREITOS, IGUALDADE E CIDADANÍA

Obxectivo xeral

Esta convocatoria está dirixida a cofinanciar proxectos transnacionais que promovan a prevención do racismo, a xenofobia, a homofobia e outras formas de intolerancia.

Eidos de actuación

As solicitudes presentadas nesta convocatoria deben centrarse en dous prioridades:

• As mellores prácticas para previr e combater o racismo, a xenofobia, a homofobia e outras formas de intolerancia (BEST): aprendizaxe mutuo, cooperación e intercambio de boas prácticas. Por exemplo, poderán abordar o uso do Dereito Penal e outras ferramentas como códigos éticos, de desenvolvemento comunitario ou de sensibilización como resposta aos distintos fenómenos de intolerancia. Os proxectos sobre o uso do Dereito Penal deben implicar representantes das autoridades policiais, fiscais e membros do poder xudicial mentres que os proxectos en materia de prevención deben involucrar aos actores que inflúen na opinión pública. As actividades deben, por exemplo, producir un manual de alta calidade onde se atopen as mellores prácticas, que podería ser difundido a todas as partes interesadas e/ou a recompilación de actividades de formación baseadas en modelos xa probados. As propostas deben prever a ampla difusión de resultados e recomendacións concretas ás partes interesadas nos países participantes. Darase prioridade ás propostas que inclúan un maior número de países participantes.

• Seguimento e presentación de informes sobre crimes de odio e de discursos on-line que incitan ao odio (HATE): os proxectos deben contribuír ao desenvolvemento de mecanismos eficientes de seguimento e presentación de informes sobre crimes racistas, xenófobos y homófobos; así como contribuír á mellora dos mecanismos xa existentes. Deben apoiar a aplicación, a implementación e o seguimento efectivo, global e coherente da Decisión marco 2008/913/JAI. Entre as actividades incluídas nesta prioridade atópase: seguimento y recollida de datos sobre a existencia de páxinas web racistas/xenófobas/homófobas nos países participantes, intercambio de boas prácticas; e o desenvolvemento de mecanismos eficientes de denuncia para as vítimas de crimes de odio (prestando especial atención á sostibilidade dos mecanismo más alá do proxecto) e/ou o establecemento das redes de información. As propostas deben asegurar a coordinación e cooperación estreitas dos actores relevantes. As propostas deben incluír a difusión dos resultados ás partes interesadas en todos os países participantes e para o público en xeral, para animar a vítimas e testemuñas a denunciar.

Destinatarios

Os solicitantes ou socios deben ser organizacións tanto públicas como privadas ou organizacións internacionais legalmente constituídas. O solicitante debe ser unha organización sen ánimo de lucro. Isto avaliarase en base aos estatutos, en particular, se permiten a posibilidade de distribuír ganancias aos membros/accionistas. Os organismos e organizacións con ánimo de lucro terán acceso á subvenciones só como socios dun organismo ou organización sen ánimo de lucro.

Poderán participar na convocatoria as organizacións establecidas legalmente en Estados Membros, en Islandia ou en Liechtenstein.

Socios

O proxecto debe ser transnacional; de modo que estea integrado polo menos por cinco socios, de cinco países participantes distintos mínimo.

Financiamento

A subvención mínima será de 300.000 euros. Non existe límite máximo. Esta subvención basease no principio de cofinanciamento: a subvención non poderá superar o 80% do custe total del proxecto.

Orzamento total da convocatoria

A previsión do orzamento comunitario destinado a esta convocatoria dispoñible é:

• Prioridade BEST: 1.500.000 euros.
• Prioridade HATE: 3.850.000 euros.

Duración do proxecto

Duración inicial de 24 meses como máximo.

Data de publicación

08/08/2014

Data límite de solicitude

12/11/2014

Documentación

Contacto

Se poderán enviar preguntas ao seguinte correo electrónico:

EC-REC-CALLS@ec.europa.eu

O prazo para enviar os correos electrónicos recibidos é ata 7 días naturais antes da data límite da convocatoria. Os correos electrónicos enviados despois non serán respondidos.

Comentarios

O procedemento para á presentación das solicitudes será a través de PRIAMOS, un sistema on-line. Os solicitantes terán que rexistrarse e obter o usuario e a contrasinal para acceder ao sistema. A información e guía sobre cómo rexistrarse e presentar a solicitude a través de PRIAMOS atópase no seguinte enlace:

http://ec.europa.eu/justice/grants1/priamos/index_en.htm

A referencia desta convocatoria en PRIAMOS é: JUST/2014/RRAC/AG

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante