Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Proxecto piloto para o desenvolvemento do uso das TIC na educación. Ferramentas tecnolóxicas para rapaces con THDA ou déficit de atención.

Programa

Mercado Dixital Único

Obxectivo xeral

Esta estratexia vai dirixida a abrir oportunidades no mundo dixital para persoas e empresas, co obxectivo de incentivar a posición de Europa como líder mundial na economía dixital.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo deste proxecto piloto é identificar as existentes ferramentas dixitais de aprendizaxe que poidan ser de utilidade para os profesores nas clases (ou para os pais nos fogares) con alumnos que padecen un trastorno de hiperoactividade e déficit de atención (THDA) ou problemas de concentración, e prover exemplos de boas prácticas onde a tecnoloxía foi empregada con éxito diariamente nas actividades escolares para axudar aos alumnos cos problemas xa mencionados.

Eidos de actuación

Á parte do mencionado no apartado anterior, o proxecto piloto centrarase en:

  • Colaborar coas asociacións rexionais ou nacionais relevantes para identificar as clases ou escolas con rapaces ques sofren THDA e que están dispostas as participar no piloto.

  • Coa participación dos colexios, levar a cabo e avaliar pilotos representativos en clases reais que se adaptan ás tecnoloxías identificadas e ás boas prácticas, empregando un enfoque sólido e pedagóxico.

  • Proporcionar un conxunto de recomendacións e unha folla de ruta para os lexisladores, institucións educativas, profesores, etc, co gallo de que empreguen os recursos tecnolóxicos dispoñibles en clase da mellor forma posible. Por este motivo, deberán estar incluídos os aportes de stakeholders como profesores, expertos no tema, pais, asociacións relevantes e industria.

  • Neste contexto, o grupo obxectivo componse de alumnos de educación primaria ou secundaria, así como de formación vocacional.

  • As propostas han de ter en consideración todas as normas específicas sobre asuntos éticos para a participación de menores e colexios. Ademais, necesariamente han de cumprir coas Regulacións de Protección de Datos e asegurar o correcto uso dos datos e da privacidade.

Destinatarios

Só se admitirán as solicitudes de entidades legais establecidas en algún dos Estados membros da Unión Europea que procedan de:

  • unha única entidade legal

  • un consorcio composto por diversas identidades legais

  • un único solicitante, constituído a propósito para a acción ou non, que está formado por diversas entidades legais que cumpran cos requisitos de selección e non exclusión da convocatoria e que executen a proposta de acción conxuntamente. A solicitude debe identificar ditas entidades.

Financiamento

A UE co-financiará os proxectos até un máximo do 90% dos custos elixibles, sen nunca exceder o total do orzamento previsto.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total ascende a 400.000€, mais faise saber que a Comisión resérvase o dereito de non distribuír todos os fondos dispoñibles e que só prevé co-financiar un único proxecto.

Duración do proxecto

A duración do proxecto non será maior dos 24 meses.

Data de publicación

28/09/2016

Data límite de solicitude

14/11/2016

Documentación

Comentarios

O prazo remata ás 17h (Bruxelas).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante