Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Preparatory Action: Open Knowledge Technologies: Mapping and validating knowledge - ECOKT2016

Programa

Mercado Dixital Único

Obxectivo xeral

Esta estratexia vai dirixida a abrir oportunidades no mundo dixital para persoas e empresas, co obxectivo de incentivar a posición de Europa como líder mundial na economía dixital.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo xeral desta acción preparatoria é desenvolver e demostrar a nivel europeo un sistema e redes de aprendizaxe e tecnoloxías de avaliación para mellorar os talentos dos cidadáns europeos en risco de exclusión, particularmente os inmigrantes, ofrecéndolles a oportunidade de asumir máis responsabilidades para a súa propia aprendizaxe. O proxecto ha de fomentar a empregabilidade dun grupo obxectivo, relacionando os seus intereses e coñecemento coas habilidades máis demandadas no mercado laboral e suxerindo posibles follas de rota.

Eidos de actuación

A acción consistirá no desenvolvemento e execución dunha plataforma tecnolóxica que integre os servizos online que incorporen os seguintes módulos e funcións:

  • Competencias para o deseño dunha guia que identifique a aprendizaxe previa.
  • Follas de rota axustadas á aprendizaxe a través dos servizos educativos, incluíndo recursos específicos e abertos.
  • Mecanismos para a credencialización (por exemplo a través dun certificado ou distintivo) e recoñecemento da nova aprendizaxe.


Estes servizos deberán estar acompañados por un proceso de innovación social amplio e estruturado que involucre aos cidadáns en risco de exclusión social en Europa, en particular aos inmigrantes., nas actividades de aprendizaxe e reforzamento de habilidades. Tendo en conta que os inmigrantes son un extenso e heteroxéneo grupo con diferentes necesidades, a proposta tamén deberá reflexionar cales son os retos aos que se enfronta este grupo e que obxectivos se fixa (por exemplo, as linguas). Os servizos do proxecto necesitarán ser probados e demostrados a través dunha solución integral.


Algunhas das actividades a desenvolver nesta convocatoria poderán ser: deseño, execución e validación de accións; conferencias e seminarios; accións de divulgación e coñecemento; accións dirixidas á creación e mellora de redes, intercambios e boas prácticas; guias, análises e estudos; e actividades de investigación.

Destinatarios

Só se admitirán as solicitudes de entidades legais establecidas en algún dos Estados membros da Unión Europea que procedan de:

  • unha única entidade legal
  • un consorcio composto por diversas identidades legais
  • un único solicitante, constituído a propósito para a acción ou non, que está formado por diversas entidades legais que cumpran cos requisitos de selección e non exclusión da convocatoria e que executen a proposta de acción conxuntamente. A solicitude debe identificar ditas entidades.

Financiamento

A Unión Europea pode co-financiar até un máximo do 70% dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

1.500.000€
A Comisión resérvase o dereito de non distribuír todos os fondos dispoñibles.

Duración do proxecto

A duración da acción non debe durar máis de 24 meses. Os proxectos que estimen maior duración non serán aceptados.

Data de publicación

28/09/2016

Data límite de solicitude

14/11/2016

Documentación

Comentarios

O prazo finaliza ás 17 :00 CET

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante