Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axudas para accións que apoien a formación en materia de interpretación en conferencias – ano académico 2016-2017

Programa

Programa de Traballo Anual 2016 para o apoio financeiro de formación en materia de interpretación nas conferencias.

Obxectivo xeral

Como provedor dun servizo inter-institucional, a misión da DX de interpretación consiste en garantir que un número suficiente de intérpretes cualificados está dispoñible para permitir que as institucións da UE funcionen axeitadamente. Esta convocatoria contribúe a esa misión apoiando accións diversas no eido da interpretación.

Eidos de actuación

a) organización de cursos de máster ou posgrao no eido da interpretación.
b) outros proxectos que teñan como finalidade apoiar a formación dos intérpretes.

Destinatarios

Universidades, institutos universitarios, consorcios e asociacións de universidades ou institutos legalmente establecidos nun Estado Membro ou nun Estado candidato que ofreza ou coordine cursos de especialización en interpretación de conferencias.
Asociacións, consorcios e entidades similares, legalmente establecidos nun Estado Membro ou nun Estado candidato que teñan como misión principal apoiar a cooperación e compartir boas prácticas no eido da formación en interpretación.

Financiamento

Como máximo o 75% dos custes.

Orzamento total da convocatoria

450.000 euros.

Data de publicación

03/05/2016

Data límite de solicitude

31/05/2016

Documentación

Contacto

Pódense enviar preguntas e dúbidas ó seguinte enderezo: SCIC-grants-to-universities@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante