Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Exercicios do Mecanismo de Protección Civil da Unión / Programa de Traballo de Protección Civil 2017 (Work Programme)

Programa

MECANISMO EUROPEO DE PROTECCIÓN CIVIL

Obxectivo xeral

Mellorar a preparación para a protección civil e a resposta ante todo tipo de situacións de catástrofes ou crisis.

Obxectivo específico da convocatoria

Pretendense financiar proxectos de exercicios que persegen mellorar a protección civil e a resposta ante todo tipo de desastres, incluida a contaminación mariña, os desastres químicos, biolóxicos, radiolóxicos e nucleares, catástrofes e desastres combinados que afectan simultáneamente a varios países parte no Mecanismo, proporcionando un entorno de probas de conceptos y procedimentos operacionais e dar unha oportunidad de aprendizaxe para os axentes que participen nas intervenciones de asistencia de protección civil no marco do Mecanismo.

Eidos de actuación

As actividades que poidan financiarse de acordo coa presente convocatoria de propostas inclúen: planificar, realizar e avaliar exercicios de despregue de activos e equipos de resposta con escenarios simulando situacións e condicións de todo tipo, comprobando os procedementos e comunicacións de crisis. Os exercicios poden ser de escala completa, de postes de comando con despregue limitado e exercicios de mesa.

Destinatarios

Deben ser persoas xurídicas que pertenzan as seguintes categorías: entidades privadas, entidades públicas u organizacións internacionais

Socios

Deben estar establecidos e inscritos nos Estados membros de Países candidatos ou en Islandia, Noruega, Antiga República Yugoslava de Macedonia, Montenegro, Serbia e Turquía e estar establecidos nun dos 34 mecanismos europeos de protección civil.
Os proxectos deben consistir nun consorcio que inclúa un mínimo de tres entidades de tres países distintos, pero todos estados participantes no Mecanismo. Unha de elas será o solicitante principal e as outras dúas serán co-solicitantes.
Para o orzamento interno o consorcio debe ser unha entidade dos Estados participantes no Mecanismo e para o externo o consorcio debe ter o menos unha entidade dos países beneficiarios da IPA II que non sexa participante no mecanismo ou países da Política Europea de Vecindade.

Financiamento

No marco da presente convocatoria de propostas, a subvención da UE non poderá superar o 85% dos custes subvencionables totais da acción. Cada solicitante debe garantir que o 15% restante será financiado por fontes distintas da Unión.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total destinado á cofinanciación de proxectos da UE no marco da presente convocatoria estímase en 4.900.000 euros.
Dese orzamento, 3.600.000 euros serán para proxectos que soamente impliquen a Estados participantes e 1.300.000 euros para proxectos nos que participe o menos un ou más países beneficiarios da IPA II que non sexan Estados participantes no mecanismo ou países da Política Europea de Vecindade.

Duración do proxecto

A duración máxima do proxecto de exercicio e de 24 meses.

Data de publicación

30/05/2017

Data límite de solicitude

07/06/2017

Documentación

Contacto

Todas as consultas deben facerse por correo electrónico soamente a:
ECHO-CIVIL-PROTECTIONCALLS@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante