Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Capacidades para paliar deficiencias temporais en desastres extraordinarios.

Programa

MECANISMO EUROPEO DE PROTECCIÓN CIVIL

Obxectivo xeral

O obxectivo é contribuir á capacidade de afrontar deficiencias temporais en desastres extraordinarios. O resultado esperado é o de establecer a disponibilidade en “stand-by” de capacidades de resposta e o rápido acceso dos Estados participantes a esas capacidades.

Eidos de actuación

-Contención de inundacións.


- Sistemas aéreos de control remoto (RPAS en inglés).


- Vehículos de terra non tripulados para desastres químicos, biolóxicos, radiolóxicos ou nucleares (CBRN disasters, en inglés).


- Servizos médicos de emerxencia


- Loita aérea contra incendios forestais.

Destinatarios

Deben cumprir os seguintes requisitos:


-Ser persoas xurídicas, públicas ou privadas. As entidades privadas só serán elixibles cando demostren ter sido autorizadas polo seu Estado membro a recibir financiamento no seu nome.


-Estar establecidas nalgún dos 28 Estados membros da UE, en Islandia, Montenegro, Noruega, Serbia, Antiga República Iugoslava de Macedonia ou Turquía.


-Ser directamente responsable da preparación e da xestión do proxecto cos seus socios (é dicir, non actuar como intermediario).

Socios

Non se precisan

Financiamento

Ata o 40% dos custes derivados de garantir o acceso rápido ás capacidades de resposta.


O 100% do custe total de deseño, preparación, negociación, conclusión e xestión dos contratos ou acordos, así como os custes dos procedementos de desenvolvemento operativo e exercicios para garantir o éxito do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

2.7 millóns de euros

Duración do proxecto

As capacidades de resposta deberán estar dispoñibles durante un período de, polo menos, un ano entre xaneiro de 2017 e decembro de 2018.

Data de publicación

18/03/2016

Data límite de solicitude

02/06/2016

Documentación

Contacto

ECHOA5@ec.europa.eu.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante