Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Exercicios do Mecanismo de Protección Civil da Unión

Programa

MECANISMO EUROPEO DE PROTECCIÓN CIVIL

Obxectivo xeral

Mellorar a preparación e a resposta ante todo tipo de desastres, incluíndo a contaminación mariña, desastres químicos, biolóxicos, radiolóxicos ou nucleares así como tamén desastres combinados ou simultáneos que poidan afectar a varios países (dentro ou fora do grupo de Estados participantes no Mecanismo Europeo de Protección Civil ) ofrecendo un entorno xa coñecido e/ou novos conceptos e procedementos no Mecanismo, ademais de unha oportunidade de aprender para todos os actores involucrados nas intervencións de asistencia de protección civil baixo o devandito Mecanismo.

Eidos de actuación

Planificar, executar e avaliar exercicios en situacións que simulen as condicións de todo tipo de desastres para a activación do Mecanismo, incluindo contaminación mariña, desastres químicos, biolóxicos, radiolóxicos ou nucleares así como tamén desastres combinados ou simultáneos que poidan afectar a varios países (dentro ou fora do grupo de Estados participantes no Mecanismo Europeo de Protección Civil ). Estes plans deben ter en conta os resultados das avaliacións de exercicios previos así como as leccións aprendidas nas accións de protección civil. As necesidades específicos de grupos vulnerables con discapacidades teñen que ser tamén tidas en consideración.


Os exercicios poden ser a escala completa, de transmisión de ordes cun número pequeno de efectivos ou exercicios en taboleiro. A combinación de dous ou tres destes tipos de exercicios será considerada unha fortaleza.


Destinatarios

Han de ser persoas xurídicas e pertencer a algunha das seguintes categorías:


-Entidades privadas


-Entidades públicas


-Organizacións internacionais


Establecidas nalgún dos Estados participantes do UCPM ou nun terceiro Estado “elixible” (beneficiarios do Instrumento de Pre-Adhesión II ou das Políticas Europeas de Vecindade). Neste último caso, as entidades non poden ser coordinadoras, senón que só poderán ser asociadas.


Ademáis, deben ser directamente responsables da preparación e a xestión do proxecto de exercicios cos seus socios (non intermediarios) e involucrar dalgún xeito ás autoridades nacionais competentes, sempre dependendo de cada situación.

Socios

No caso de exercicios que vaian ser financiados polo orzamento interno, precísase un consorcio de entidades de, polo menos, dous Estados participantes do Mecanismo, ademais da entidade do Estado Membro que actuará como coordinadora. En total, entidades de tres Estados diferentes .


No caso de exercicios que vaian ser financiados polo orzamento externo, son necesarias tamén entidades de tres Estados diferentes:


-Unha entidade dun Estado beneficiario da Política Europea de Vecindade ou do IPA II, ademáis da entidade doutro país.


-Unha entidade doutro país (participante ou non do Mecanismo).


-Unha entidade dun Estado participante.

Financiamento

Como máximo financiarase o 85% dos custes.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total é de 4.8 millóns de euros:


-3.6 millóns reservados para os exercicios levados a cabo por Estados Participantes


-1.2 millóns para exercicios que involucren a un ou máis beneficiarios do IPA ou da Política de Vecindade.

Duración do proxecto

24 meses como máximo.

Data de publicación

07/03/2016

Data límite de solicitude

20/05/2016

Documentación

Contacto

ECHO-CIVIL-PROTECTION-CALLS@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante