Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Proxectos en materia de prevención e preparación en protección civil e contaminación mariña.

Programa

MECANISMO EUROPEO DE PROTECCIÓN CIVIL

Obxectivo xeral

Para proxectos de prevención, o obxectivo é apoiar e complementar os esforzos dos Estados en accións destinadas a alcanzar un maior nivel de protección e resiliencia contra desastres previndo ou reducindo os seus efectos.


Para proxectos de preparación, o obxectivo é crear mellores prerrequisitos para a mellora da preparación, así como tamén concienciar ós profesionais e voluntarios dos eidos de protección civil e contaminación mariña.

Eidos de actuación

Proxectos de prevención en:

  • 1)”Risk-proofing” de inversións públicas ou privadas e desenvolvemento de ferramentas de proba e metodoloxías para facer seguimento das inversións máis resilientes.


  • 2)Proxectos piloto e demostrativos que poidan ser replicados e que se centren na resiliencia urbana ante os desastres.


  • 3)Cooperación técnica para aplicar, a tódolos niveles, metodoloxías que desenvolvan avaliacións de riscos e capacidades de xestión de riscos e de planificación da xestión dos riscos, incluíndo a dimensión fronteiriza.


  • 4)Cooperación técnica para o desenvolvemento de redes a nivel rexional e fronteirizo que faciliten melloras na innovación e na investigación.


Proxectos de preparación en:
  • 1)Accións que procuren mellorar a protección civil fronteiriza e a cooperación en materia de contaminación mariña, incluíndo cooperación rexional, no que ocupa á interoperabilidade e a preparación para unha resposta directa e a redución do impacto de desastres naturais e humanos.


  • 2)Accións que procuren mellorar a cooperación operativa no marco do Mecanismo Europeo de Protección Civil (UCPM), incluíndo a cooperación entre sectores, axudando ós Estados a desenvolver, exercitar e rexistar activos multinacionais.

Destinatarios

Han de ser persoas xurídicas e pertencer a algunha das seguintes categorías:
-Entidades privadas
-Entidades públicas
-Organizacións internacionais
Establecidas nalgún dos Estados participantes do UCPM ou nun terceiro Estado “elixible” (beneficiarios do Instrumento de Pre-Adhesión II ou das Políticas Europeas de Vecindade). Neste último caso, as entidades non poden ser coordinadoras, senón que só poderán ser asociadas.

Socios

Para beneficiarse do orzamento “interno” precísanse, polo menos, tres socios de tres Estados membros, de modo que se cumpla algunha destas combinacións:
a) 3 entidades de Estados participantes do UCPM
b) 2 entidades participantes + 1 organización internacional
c) 1 entidade participante + 2 organizacións internacionais


Para beneficiarse do orzamento “externo” precísanse un mínimo de tres entidades, de xeito que se cumpla algunha destas combinacións:
a)2 entidades de Estados participantes do UCPM + 1 entidade do IPA II
b)1 entidade participante do UCPM + 1 Organización internacional + 1 entidade do IPA II
c)1 entidade participante do UCPM/1 organización internacional + 2 entidades do IPA II.

Financiamento

75% cun máximo de 800.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

A) Orzamento interno: 2.8 millóns de euros para proxectos que poidan beneficiar a Estados participantes do UCPM.


B) Orzamento externo: 1.3 millóns de euros para proxectos que poidan beneficiar a Estados da Política Europea de Vecindade e beneficiarios do IPA II e que aínda non participen no UCPM.

Duración do proxecto

Non consta

Data de publicación

18/12/2015

Data límite de solicitude

14/03/2016

Documentación

Contacto

Pódense enviar preguntas antes do 07.03 ó enderezo ECHO-CP-P&P@ec.europa.eu

Procuras de Socios

Concello de BUZĂU- Rumania - Convocatoria de propostas 2016 para proxectos de prevención e preparación no campo da protección civil e a contaminación mariña.

Seleccionar proxectos que apoien e complementen os esforzos dos países participantes, e terceiros países elixibles, na prevención e preparación en protección civil e contaminación mariña, centrándose en áreas onde un enfoque común europeo sexa máis apropiado.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante