Convocatoria
Acordo Marco de Asociación cunha organización europea que represente os intereses das PEME nas actividades europeas de estandarización 223/G/GRO/STA/16/1321
Programa
VARIOS
Obxectivo xeral
A presente convocatoria de propostas ten por obxecto celebrar un Acordo marco de asociación cunha organización europea que represente aos intereses das PEME nas actividades europeas de estadarización.
Eidos de actuación
As actividades centrarán en:
- O funcionamento de organizacións europeas que representen os intereses de Pemes e as súas actividades relacionadas coa normalización, incluída a tramitación do traballo técnico e a prestación de información aos membros e outras partes interesadas.
- A subministración de asesoramento xurídico e técnico, incluídos estudos, en relación coa avaliación da necesidade e desenvolvemento das normas europeas e as prestacións europeas de normalización e formación de expertos.
- A participación en traballos técnicos relacionados co desenvolvemento e a revisión dos estándares e produtos de normalización europea que sexan necesarios e adecuados para o apoio á lexislación e políticas da UE.
- A promoción das normas europeas e dos produtos de normalización europeos, así como a utilización das normas entre as partes interesadas, incluídas as PEME e os consumidores.
Destinatarios
Calquera entidade legalmente establecida nun País membro da UE.
A organización europea (o socio) que representa os intereses das PEME nas actividades europeas de normalización debe cumprir os criterios de admisión para o financiamento da Unión especificados no anexo III do Regulamento:
- É non gobernamental e sen ánimo de lucro;
- Ten como obxectivos e actividades estatutarias representar os intereses das PEME no proceso de normalización a nivel europeo, sensibilizalos á normalización e motivalos a participar no proceso de normalización;
- Haia sido designado por organizacións sen ánimo de lucro que representen ás PEME en polo menos dous terzos dos Estados membros, para representar os intereses das PEME no proceso de normalización a nivel europeo.
Financiamento
A subvención da UE limítase a unha porcentaxe máxima de cofinanciación do 85% dos custos subvencionables.
Orzamento total da convocatoria
2.000.000 €
Duración do proxecto
A duración máxima son 12 meses, con posibilidade de prórroga anual.
Data de publicación
15/02/2017
Data límite de solicitude
31/05/2017
Documentación
Contacto
E-mail: GROW-CFP-1321-SMES-STANDARDS@ec.europa.eu
Comentarios
A data límite termina ás 17:00 (Bruxelas).