Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Alfabetización sobre os medios de comunicación para todos - CNECT/2016/MEDIALITERACY

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

O obxectivo do proxecto piloto é experimentar accións destinadas a aumentar entre os cidadáns de todas as idades a reflexión crítica cara aos medios de comunicación e poñer a proba a viabilidade e a utilidade deste tipo de accións. O pensamento crítico inclúe, entre outras habilidades, a capacidade de distinguir a información da propaganda, deconstruir os medios de comunicación e interactuar cos medios de comunicación social de maneira consciente.

Eidos de actuación

As actividades para financiar poderían incluír:

  • Creación de materiais en liña multilingües e ferramentas interactivas para mellorar as capacidades dos cidadáns para adquirir unha comprensión crítica dos medios de comunicación e para interactuar con eles;

  • A sensibilización e a difusión eficaz do material creado polo proxecto ou outros materiais / actividades similares que se poden adaptar aos mesmos fins, en particular a través de redes que poden actuar como multiplicadores;

  • Difusión eficaz das mellores prácticas, por exemplo a través de conferencias, obradoiros, plataformas en liña e / ou programas de formación;

  • Campañas nos medios sociais destinadas a axudar aos cidadáns para relacionarse cos novos medios dunha maneira consciente;

  • Actividades innovadoras que poidan desenvolver a capacidade dos cidadáns para distinguir a información da propaganda, para deconstruir os medios de comunicación ou calquera outra capacidade en relación co pensamento crítico cara aos medios de comunicación;

  • Actividades con comunidades ou redes locais para adaptar e facer accesibles algunhas das ferramentas anteriores a minorías, as persoas pouco cualificadas ou persoas en risco de ser marxinados socialmente.

    Destinatarios

    Só serán elixibles as propostas realizadas por entidades legais establecidas en Estados Membros.

    As propostas poderán ser remitidas por un único solicitante, a condición de que:

    • Estea formado por unha ou varias entidades que cumpran con todos os requisitos da convocatoria e que vaian executar a acción proposta conxuntamente.

    • Estean identificadas todas as entidades na proposta.

      Financiamento

      Ata o 75% dos custos elixibles.

      Orzamento total da convocatoria

      250.000 euros

      Duración do proxecto

      12 meses

      Data de publicación

      30/08/2016

      Data límite de solicitude

      14/10/2016

      Documentación

      Contacto

      Ms Lorena Boix Alonso, Tel. +32 2 29 90009
      e-mail: CNECT_I1_ML_Pp@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante