Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Terceira convocatoria de propostas CIVITAS para proxectos urbanos de mobilidade sostenible

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A misión deste proxecto é contribuír significativamente ás metas do Libro Branco de Transporte da UE, capitalizando sistematicamente nos resultados de CIVITAS creando unha “cadea de valores” efectiva para a innovación en mobilidade urbana.

Obxectivo específico da convocatoria

A terceira chamada para actividades CAPITAL céntranse principalmente en ferramentas interesantes, prácticas e relevantes desenvolvidas nas anteriores 4 fases da iniciativa CIVITAS ata o momento.
En temas como plan, avaliación, modelos e explotación de negocio.

Eidos de actuación

Pódense solicitar proxectos a distintas escalas e niveis de ambición, polo que en CIVITAS reflíctense distintas ambicións e catro niveles de inicio de actuación.

-Estar inspirado
-Diálogo estrutural
-Estudos
-Transferencias sistemáticas

A solicitude debe estar centrada nun destes niveis de inicio de actuación

Destinatarios

As solicitudes poden ser realizadas por individuos ou equipos de organizacións. As organizacións han de estar establecidas nalgún Estado Membro da UE, Albania, Macedonia, Islandia, Israel, Kósovo, Montenegro, Noruega, Serbia, Suíza ou Turquía.

Financiamento

As cantidades máximas de cofinanciación por proyecto e proposta son:
5000€ (estar inspirado) 5000€ (diálogo estrutural) 7500 (estudos) e 10000(transferencia estrutural).
Os custos elegibles inclúen o tempo do persoal, viaxes e custos de subsistencia, custos de reunión e remuneración a expertos

Orzamento total da convocatoria

60.000€

Data límite de solicitude

06/05/2015

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante