Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
O obxectivo global da presente convocatoria de propostas é reducir a pobreza mediante un crecemento económico máis integrador e sustentable en América Latina.
O obxectivo operativo específico da presente convocatoria de propostas é elevar a produtividade das microempresas e as pequenas e medianas empresas (MPYME) en América Latina.
- Crear mecanismos de vinculación empresarial entre as MPYME.
- Ofrecer servizos ás MPYME que contribúan a mellorar a súa competitividade e produtividade.
-Reforzar redes de apoio para as MPYME, por exemplo, as organizacións empresariais.
-Contribuír a unha contorna empresarial máis favorable para as MPYME ou á mellora das políticas relativas ás MPYME.
-As medidas destinadas a mellorar a igualdade de xénero nas accións mencionadas anteriormente.
O solicitante deberá reunir os seguintes requisitos para poder optar a unha subvención:
- ser unha persoa xurídica e
- non ter ánimo de lucro e
- estar establecido nun dos Estados membros da Unión Europea ou nun dos países elegibles do Instrumento de Financiamento de Cooperación ao Desenvolvemento e
- pertencer a unha das seguintes categorías:
i) Intermediarios empresariais que representen a MPYME. Isto inclúe, entre outros, cámaras de comercio, asociacións industriais, profesionais ou comerciais de sectores específicos, cooperativas, organismos reguladores e axencias de promoción de actividades comerciais e de investimento, así como organismos sectoriais que traballen coas MPYME, ou
ii) Organismos públicos (normalmente comisións de investimentos, axencias de promoción do comercio, etc.) locais, nacionais e rexionais e
- ser directamente responsables, cos seus cosolicitantes e outras entidades afiliadas, da preparación e xestión da acción e non limitarse simplemente a actuar como intermediario.
25 millones de EUR
O prazo de presentación das solicitudes concluirá o 2 de xullo de 2015 ás 16.00 horas (data e hora de Bruxelas). Recoméndase encarecidamente aos solicitantes que non esperen ata o último día para presentar as súas solicitudes, xa que unha sobrecarga excepcional das liñas ou un fallo da conexión a internet (cortes da subministración eléctrica, etc.) poderían dificultar o seu envío. O Órgano de Contratación non asumirá ningunha responsabilidade polos atrasos debidos ás devanditas continxencias.
En caso de envíos por correo postal (véxase apartado 2.2.2), a data de presentación será a data de envío ou a que conste no cuño ou o acuse de recibo. En caso de entregas en man, o prazo de recepción é ás 16.00 horas (hora local), tal e como conste no acuse de recibo asinado e datado.
Calquera solicitude presentada despois do prazo indicado será rexeitada automaticamente.
13/03/2015
02/07/2015
Enderezo de correo electrónico para dudas: EuropeAidAlinvest@ec.europa.eu
Descarga das bases na seguinte ligazón: https://webgate.ec.europa.eu/europeaid/online-services/index.cfm?do=publi.welcome&nbPubliList=15&orderby=upd&orderbyad=Desc&searchtype=RS&aofr=150066
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante