Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axuda para medidas de información no ámbito da política agrícola común (PAC) para 2018

Programa

MEDIDAS DE INFORMACIÓN NO ÁMBITO DA POLÍTICA AGRÍCOLA COMÚN

Obxectivo xeral


O obxectivo xeral da convocatoria é xerar confianza na Unión Europea e entre todos os cidadáns, agricultores
e non agricultores por igual.

Obxectivo específico da convocatoria

No que se refire ao público en xeral, o obxectivo consiste en concienciar á opinión pública da importancia que
reviste a axuda concedida pola UE á agricultura e ao desenvolvemento rural a través da PAC.
Polo que respecta ás partes interesadas, o obxectivo reside en colaborar con elas (principalmente agricultores e outras
partes activas do mundo rural) co fin de dar a coñecer mellor a PAC nas súas circunscricións e entre o público en xeral..

Eidos de actuación

A. As medidas de información deben incluír unha ou varias das actividades seguintes (esta lista non é exhaustiva):
— Produción e distribución de material multimedia ou audiovisual.
— Produción e distribución de material impreso (publicacións, carteis, etc.).
— Creación de instrumentos en liña e a través das redes sociais.
— Actividades nos medios de comunicación.
— Conferencias, seminarios, talleres (preferiblemente retransmitidos en directo por Internet) e estudos sobre temas
relacionados coa PAC.
— Actos do tipo «granxa na cidade» que axuden a explicar á poboación urbana a importancia da agricultura.
— Actos do tipo «explotación aberta» destinados a mostrar aos cidadáns a función da agricultura (por exemplo,
mellores prácticas, proxectos de innovación).
— Exposicións fixas ou itinerantes ou puntos de información.
B. As medidas de información deben levar a cabo:
— a escala  multirregional ou nacional;
— a escala da Unión Europea (en polo menos dous Estados membros).
C. Non son subvencionables as seguintes actividades:
— as medidas esixidas pola lexislación,
— as medidas que reciban financiamento da UE con cargo a outra liña orzamentaria,
— as asembleas xerais ou as reunións estatutarias,
— a axuda financeira a terceiros.
D. Período de execución indicativo das medidas de información:
— O período de execución indicativo da medida de información está comprendido entre o 1 de maio de 2018
e o 30 de abril de 2019.
— A duración máxima das medidas de información é de doce meses.

Destinatarios


O solicitante (e, no seu caso, as súas entidades afiliadas) será unha entidade xurídica establecida nun Estado membro da UE.
Exemplos de organizacións admisibles:
— organizacións sen ánimo de lucro (privadas ou públicas),
— autoridades públicas (nacionais, rexionais ou locais),
— asociacións europeas,
— universidades,
— institucións educativas,
— centros de investigación,
— empresas privadas (por exemplo, empresas de medios de comunicación).

Financiamento

Os solicitantes deberán dispoñer de fontes de financiamento estables e suficientes para manter a súa actividade ao longo de toda a duración da subvención, e deberán participar no seu financiamento. 
En base á capacidade financeira da organización daranse subvencións de máis de 60 000 euros ou de menos.

Orzamento total da convocatoria

4M€

Duración do proxecto

12 meses

Data de publicación

27/12/2017

Data límite de solicitude

05/01/2018

Documentación

Contacto

Comisión Europea Unidad AGRI. B.1
Convocatoria de propuestas 2017/C 339/07
A la atención del Jefe de Unidad
L130 4/053
1049 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante