Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programas Múltiples- Subvencións a accións de información e de promoción relativas a produtos agrícolas no mercado interior e en terceiros países. 

Programa

MEDIDAS DE INFORMACIÓN NO ÁMBITO DA POLÍTICA AGRÍCOLA COMÚN

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral das medidas de información e promoción é mellorar a competitividade do sector agrícola da Unión. 

Obxectivo específico da convocatoria

- Aumentar os coñecementos sobre os méritos dos produtos agrícolas da Unión e os elevados estándares aplicables aos métodos de produción na Unión. 
- Aumentar a competitividade e o consumo de produtos agrícolas e alimenticios da Unión ademais de aumentar o seu perfil dentro e fóra da Unión; 
- Incrementar o coñecemento e o recoñecemento dos réximes de calidade da Unión.
- Aumentar a sensibilización e o recoñecemento dos sistemas de calidade da Unión; 
- Aumentar a cota de mercado de produtos agrícolas e determinados produtos alimenticios da Unión, centrándose especialmente nos mercados de terceiros países que teñen o maior potencial de crecemento.
- Restablecer as condicións normais de mercado en caso de perturbacións graves do mercado, perda de confianza do consumidor ou outros problemas específicos. 

Eidos de actuación

As accións de promoción e información poden consistir, en particular, nas seguintes actividades: 

- Xestión de proxectos.
- Relacións públicas.
- Promoción en páxinas web e redes sociais (creación, actualización e mantemento de sitios web e redes sociais, publicacións periódicas, aplicacións móbiles, plataformas de e-learning, webinars, etc.)
- Publicidade (Impresa, TV, Online, etc.)
- Ferramentas de comunicación (Publicacións, kits de medios, artigos promocionais, vídeos promocionais, etc.)
- Eventos (casetas en feiras, seminarios, talleres, cursos para cociñeiros, actividades en escolas, viaxes de estudo a Europa, etc.).
- Promoción en puntos de venda (eventos de degustación, promoción en publicacións de comerciantes polo miúdo, publicidade de puntos de venda, etc.)

Estas actividades deberán pertencer a unha dos diferentes temas propostas na presente convocatoria:

Tema A (Programas múltiples no mercado interior)- Programas de sensibilización respecto da agricultura sustentable da Unión e o papel do sector agroalimentario no ámbito do medio ambiente e a loita contra o cambio climático. (Orzamento: 15.050.000 €).
 
Obxectivos:
As accións deben subliñar a sustentabilidade ambiental da agricultura da Unión, incidindo no seu papel beneficioso para a loita contra o cambio climático e o medio ambiente. As accións deberán abordar o modo en que os produtos promovidos e os seus métodos de produción contribúen a:
- A atenuación do cambio climático e/ou a adaptación ao devandito fenómeno.
- A conservación da biodiversidade e uso sustentable, xestión sustentable dos recursos hídricos  e/ou xestión sustentable do chan.

Tema B (Programas múltiples no mercado interior)- Programas de información e de promoción destinados a fomentar o coñecemento e o recoñecemento dos réximes de calidade da Unión. (Orzamento: 15.050.000 €). 

Obxectivos:
Elevar o grao de coñecemento e o recoñecemento dos réximes de calidade da Unión a través de:
- Réximes de calidade: denominación de orixe protexida (DOP), indicación xeográfica protexida (IGP), especialidade tradicional garantida (ETG), e expresións de calidade facultativas.
- Modo de produción ecolóxica.
- O símbolo gráfico dos produtos agrícolas de calidade específicos das rexións ultraperiféricas da Unión.
 
Tema C (Programas múltiples no mercado interior)- Programas de información e de promoción destinados a destacar as especificidades dos métodos agrícolas na Unión e as características dos produtos agrícolas e alimentarios e os réximes de calidade da UE. (Orzamento: 12.900.000 €).

Obxectivos:
destacar polo menos una das especificidades dos métodos de produción agrícola da Unión, en particular no tocante a seguridade dos alimentos, trazabilidade, autenticidade, etiquetaxe, aspectos nutricionais e sanitarios, benestar dos animais, respecto do medio ambiente e sustentabilidade, así como as características dos produtos agrícolas e alimenticios, sobre todo no referente a calidade, sabor, diversidade ou tradicións.

Destinatarios

As propostas de programas simples só poderán ser presentadas por persoas xurídicas ou outras entidades que non teñan personalidade xurídica en virtude da lexislación nacional aplicable.

Como exemplo, as solicitudes das seguintes organizacións e organismos son elegibles:
- Organizacións profesionais ou interprofesionais establecidas nun Estado membro e que sexan representativas en devandito Estado membro do sector ou sectores de que se trate.
- Organizacións profesionais ou interprofesionais da Unión representativas do sector ou sectores de que se trate a escala da Unión.
- Organizacións de produtores ou asociacións de organizacións de produtores.
- Organismos do sector agroalimentario que teñen como obxectivo e actividade proporcionar información sobre os produtos agrícolas e promocionalos, e aos que os Estados membros encargaron unha misión de servizo público claramente definida neste ámbito. Estes organismos deben ser constituídos legalmente no Estado membro de que se trate polo menos dous anos antes da data da convocatoria de propostas.

Socios

As propostas poden ser presentadas por unha ou máis organizacións do mesmo Estado membro da UE.
Só aceptaranse as solicitudes de entidades xurídicas establecidas en Estados membros da UE. 

Financiamento

- Para os programas múltiples no mercado interior ou en terceiros países: o 80% dos custos elixibles do programa. 
- En caso de solicitantes establecidos nos Estados membros que reciban o 1 de xaneiro de 2014 ou posteriormente axuda financeira de conformidade cos artigos 136 e 143 do TFUE, a porcentaxe será do 85%. 

Orzamento total da convocatoria

43.000.000 €

Duración do proxecto

Polo menos un ano e como máximo tres.

Data de publicación

12/01/2017

Data límite de solicitude

20/04/2017

Documentación

Contacto

Chafea (Axencia Executiva de Consumidores, Saúde, Agricultura e Alimentación )
+352 430136611
Días laborables entre as 9.30-12.00 e as 14.30-17.00.

Comentarios

As propostas deben presentarse a través do Sistema de Presentación Electrónica na seguinte ligazón.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante