Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programas Simples- Accións de información e promoción relativas a produtos agrícolas no mercado interior e en terceiros países.

Programa

MEDIDAS DE INFORMACIÓN NO ÁMBITO DA POLÍTICA AGRÍCOLA COMÚN

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral das medidas de información e promoción é mellorar a competitividade do sector agrícola da Unión. 

Obxectivo específico da convocatoria

- Aumentar os coñecementos sobre os méritos dos produtos agrícolas da Unión e os elevados estándares aplicables aos métodos de produción na Unión. 
- Aumentar a competitividade e o consumo de produtos agrícolas e alimenticios da Unión ademais de aumentar o seu perfil dentro e fóra da Unión.
- Incrementar o coñecemento e o recoñecemento dos réximes de calidade da Unión.
- Aumentar a sensibilización e o recoñecemento dos sistemas de calidade da Unión.
- Aumentar a cota de mercado de produtos agrícolas e determinados produtos alimenticios da Unión, centrándose especialmente nos mercados de terceiros países que teñen o maior potencial de crecemento.
- Restablecer as condicións normais de mercado en caso de perturbacións graves do mercado, perda de confianza do consumidor ou outros problemas específicos.

Eidos de actuación

As accións de promoción e información poden consistir, en particular, nas seguintes actividades: 

- Xestión de proxectos.
- Relacións públicas.
- Promoción en páxinas web e redes sociais (creación, actualización e mantemento de sitios web e redes sociais, publicacións periódicas, aplicacións móbiles, plataformas de e-learning, webinars, etc.).
- Publicidade (Impresa, TV, Online, etc.)
- Ferramentas de comunicación (Publicacións, kits de medios, artigos promocionais, vídeos promocionais, etc.).
- Eventos (casetas en feiras, seminarios, talleres, cursos para cociñeiros, actividades en escolas, viaxes de estudo a Europa, etc.).
- Promoción en puntos de venda (eventos de degustación, promoción en publicacións de comerciantes polo miúdo, publicidade de puntos de venda, etc.).

Estas actividades deberán pertencer a un dos diferentes temas propostas na presente convocatoria:

Tema 1- Programas de información e promoción destinados a aumentar a sensibilización e o recoñecemento dos sistemas de calidade da Unión. (Orzamento: 12.375.000 €).

Obxectivos:
Aumentar a sensibilización e o recoñecemento sobre:
-Sistemas de calidade: Denominación de orixe protexida (DOP), indicación xeográfica protexida (IXP), especialidade tradicional garantida (ETG) e condicións de calidade facultativas.
-Métodos de produción ecolóxica.
-O logotipo de produtos agrícolas de calidade específicos das rexións ultraperiféricas da Unión.

Tema 2- Programas de información e promoción destinados a destacar as características específicas dos métodos agrícolas na Unión, as características dos produtos agrícolas e alimenticios europeos e os sistemas de calidade. (Orzamento: 10.125.000 €).

Obxectivos:
Poñer de relevo as características específicas dos métodos de produción agrícola na Unión, en particular en materia de seguridade alimentaria, trazabilidade, autenticidade, etiquetaxe, aspectos nutricionais e sanitarios; respecto ao medio ambiente e a sustentabilidade, así como as características dos produtos agrícolas e alimenticios, en particular aquelas relativas á calidade, sabor, diversidade ou tradicións.

Tema  3 - Programas de información e promoción dirixidos a un ou máis dos seguintes países: China (incluíndo Hong Kong e Macao), Xapón, Corea do Sur, Taiwan, rexión do sueste asiático ou India. (Orzamento: 14.750.000 €).

Tema  4 - Programas de información e promoción dirixidos a un ou máis dos seguintes países: Estados Unidos, Canadá ou México. (Orzamento: 11.600.000 €).

Tema  5 - Programas de información e promoción dirixidos a un ou máis países de África, Oriente Medio, Irán ou Turquía. (Orzamento: 8.450.000 €).

Tema  6 - Programas de información e promoción dirixidos a zonas xeográficas distintas das incluídas nos temas 3, 4 e 5. (Orzamento: 11.600.000 €).

Tema  7 - Programas de información e promoción sobre produtos lácteos, produtos do sector da carne de porcino ou unha combinación de ambos dirixidos a terceiros países. (Orzamento: 12 600 000 €).

Tema  8 - Programas de información e promoción sobre produtos de carne de vacún destinados a terceiros países. (Orzamento: 4 000 000 €).

Temas 3-8 Obxectivos:
- Aumentar a competitividade e o consumo dos produtos agroalimentarios da Unión, aumentar o seu perfil e a súa cota de mercado nestes países destinatarios.
- Os programas de información e promoción deben dirixirse a un ou máis países identificados no tema correspondente.

Destinatarios

As propostas de programas simples só poderán ser presentadas por persoas xurídicas ou outras entidades que non teñan personalidade xurídica en virtude da lexislación nacional aplicable.

- Organizacións profesionais ou interprofesionais establecidas nun Estado membro e que sexan representativas en devandito Estado membro do sector ou sectores de que se trate.
- Organizacións profesionais ou interprofesionais da Unión representativas do sector ou sectores de que se trate a escala da Unión.
- Organizacións de produtores ou asociacións de organizacións de produtores.
- Organismos do sector agroalimentario que teñen como obxectivo e actividade proporcionar información sobre os produtos agrícolas e promocionalos, e aos que os Estados membros encargaron unha misión de servizo público claramente definida neste ámbito. Estes organismos deben ser constituídos legalmente no Estado membro de que se trate polo menos dous anos antes da data da convocatoria de propostas.

Socios

As propostas poden ser presentadas por unha ou máis organizacións do mesmo Estado membro da UE.

Financiamento

- Para programas simples no mercado interior: o 70% dos custos elixibles do programa. 
- Para programas simples en terceiros países: o 80% dos custos elixibles do programa.

Orzamento total da convocatoria

85.500.000 €

Duración do proxecto

Polo menos un ano e como máximo tres.

Data de publicación

12/01/2017

Data límite de solicitude

20/04/2017

Documentación

Contacto

Chafea (Axencia Executiva de Consumidores, Saúde, Agricultura e Alimentación )
+352 430136611
Días laborables entre as 9.30-12.00 e as 14.30-17.00.

Comentarios

No caso de que unha organización desexe dirixirse a varias das rexións prioritarias de terceiros países nun programa, debe presentar varias solicitudes (unha solicitude por tema). Alternativamente, podería aplicarse tamén no marco do tema  «Programas de información e promoción dirixidos a outras zonas xeográficas». 

As propostas deben presentarse a través do Sistema de Presentación Electrónica na seguinte ligazón

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante