Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axuda para medidas de información no ámbito da política agrícola común (PAC) para 2017 - 2016/C 401/09

Programa

MEDIDAS DE INFORMACIÓN NO ÁMBITO DA POLÍTICA AGRÍCOLA COMÚN

Obxectivo xeral

Para o público en xeral, o obxectivo é sensibilizar á opinión pública sobre a importancia da axuda concedida pola UE á agricultura e ao desenvolvemento rural a través da PAC.
Para as partes interesadas, o obxectivo é colaborar coas mesmas (principalmente agricultores e outras partes activas do mundo rural) co fin de dar a coñecer mellor a PAC nas súas circunscricións e co público en xeral.

Eidos de actuación

As propostas deben abarcar especificamente a contribución da PAC nos seguintes aspectos:
- a mellora do emprego, do crecemento e do investimento nas zonas rurais e o mantemento de comunidades rurais viables en toda a UE;
- o cumprimento do marco de actuación en materia de clima e enerxía ata o ano 2030, en particular no que incumbe ao potencial da agricultura e da silvicultura no tocante ás medidas de adaptación ao cambio climático e de mitigación do mesmo;
- a produción agrícola sustentable que satisfaga o dobre requisito de garantir a seguridade alimentaria e a protección do medio ambiente rural, en particular no que se refire á cantidade e calidade da auga;
- garantir unha remuneración xusta aos agricultores procedente da cadea agroalimentaria para manter a viabilidade da produción agrícola europea e o futuro do modelo agrícola familiar.

Destinatarios

O solicitante (e, no seu caso, as súas entidades afiliadas) será unha entidade xurídica establecida nun Estado membro da UE. As entidades que non teñan personalidade xurídica con arranxo ao dereito nacional aplicable poderán ser solicitantes subvencionables, a condición de que os seus representantes teñan capacidade para contraer obrigacións xurídicas no seu nome e ofrezan garantías de protección dos intereses financeiros da Unión equivalentes ás ofrecidas polas persoas xurídicas e acheguen probas de que dispoñen de capacidade financeira e operativa equivalente á das persoas xurídicas.

Financiamento

O financiamento revestirá a forma dun financiamento mixto composto por:
- un reembolso do 60 % dos custos subvencionables realmente contraídos;
- unha contribución fixa correspondente ao 7 % dos custos directos subvencionables para cubrir os custos indirectos, que representa os gastos administrativos xenerais do beneficiario que poden considerarse imputables á medida de información.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total destinado á cofinanciación das actividades estímase en 3.500.000 euros.

Data de publicación

29/10/2016

Data límite de solicitude

15/12/2016

Documentación

Contacto

Para calquera pregunta sobre a convocatoria, rógase enviar un correo electrónico a: agri-grants@ec.europa.eu. A data límite de envío de preguntas é o 29 de novembro de 2016 ás 24.00 horas.
As preguntas e respostas máis pertinentes publicaranse en: http://ec.europa.eu/agriculture/grants-for-informationmeasures/

Comentarios

As propostas deberán enviarse en papel. Os impresos de solicitude e os documentos pertinentes poden obterse en http://ec.europa.eu/agriculture/grants-forinformation-measures/. As solicitudes presentaranse no formulario adecuado, debidamente enchidas, datadas, acompañadas dun orzamento equilibrado (ingresos/gastos) e asinadas pola persoa autorizada a comprometer xuridicamente ao organismo solicitante. No seu caso, toda información complementaria que o solicitante considere necesaria poderá presentarse en follas separadas. As solicitudes deberán enviarse nun sobre selado á dirección seguinte:
Comisión Europea Unidade AGRI. E.5
Convocatoria de propostas 2016/C 401/09
Á atención do Xefe de Unidade L130 4/149 1049
Bruxelas BELGIQUE

En caso de entrega en man polo solicitante, dará fe da entrega un recibo datado e asinado polo funcionario do Servizo central de recepción do correo da Comisión ao que se entregaron os documentos. O Servizo está aberto de 8.00 a 17.00 horas de luns a xoves e de 8.00 a 16.00 horas os venres. Está pechado os sábados e domingos, así como os días festivos da Comisión. Ademais da presentación en papel, pídese ao solicitante que presente unha copia electrónica da proposta e todos os seus anexos en CD-ROM ou memoria USB no mesmo sobre que a versión en papel. Prevalecerá o exemplar en papel.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante