Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axuda para medidas de información no ámbito da Política Agrícola Común (2016)

Programa

MEDIDAS DE INFORMACIÓN NO ÁMBITO DA POLÍTICA AGRÍCOLA COMÚN

Obxectivo xeral

As medidas de información teñen como obxectivo, en particular, contribuír a explicar, aplicar e desenvolver a PAC e sensibilizar á opinión pública sobre o seu contido e obxectivos, informar aos agricultores e demais axentes do mundo rural, promover o modelo de agricultura europea e axudar aos cidadáns a comprendela.

Obxectivo específico da convocatoria

O tema da presente convocatoria de propostas é: A política agrícola común e os desafíos vindeiros.

Eidos de actuación

A. As medidas de información deben levarse a cabo:

— A escala multirrexional ou nacional,
— A escala europea (con repercusións en varios Estados membros).

B. As medidas de información deben incluír unha ou varias das actividades seguintes (esta lista non é exhaustiva):

— Produción e distribución de material multimedia ou audiovisual.
— Produción e distribución de material impreso (publicacións, carteis, etc.).
— Creación de instrumentos en liña e a través das redes sociais.
— Actividades nos medios de comunicación.
— Conferencias, seminarios, talleres (preferiblemente retransmitidos en directo por Internet) e estudos sobre temas relacionados coa PAC.
— Actos do tipo «granxa na cidade» que axuden a explicar á poboación urbana a importancia da agricultura.
— Actos do tipo «explotación aberta» destinados a mostrar aos cidadáns a función da agricultura.
— Exhibicións estáticas ou móbiles ou puntos de información.

C. Non son subvencionables as seguintes actividades:

— As medidas esixidas pola lexislación,
— As medidas que reciban financiamento da UE con cargo a outra liña orzamentaria,
— As asambleas xerais ou as reunións estatutarias,
— As actividades executadas a nivel local.


Destinatarios

Público en xeral (con especial atención aos xoves en zonas urbanas), agricultores e demais axentes do mundo rural.

Financiamento

O financiamento revestirá a forma dun financiamento mixto composta por:

— Un reembolso dun máximo do 50 % dos custos directos subvencionables realmente contraídos,

— Será subvencionable, en concepto de custos indirectos, unha contribución fixa correspondente ao 7 % do total dos custos directos subvencionables da medida de información, que representa os gastos administrativos xerais do beneficiario considerados imputables á medida de información.

O importe da subvención (incluída a cantidade fixa para custos indirectos) oscilará entre 50.000€ e 300.000 €.


Orzamento total da convocatoria

2.500.000 €

Data de publicación

23/10/2015

Data límite de solicitude

30/11/2015

Documentación

Contacto

agri-grants-applications-only@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante