Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Proxectos piloto en granxas para testar os esquemas de remuneración baseados nos resultados para a mellora da biodiversidade (RBAPS 2015).

Programa

PAGOS DIRECTOS AOS AGRICULTORES

Obxectivo xeral

O obxectivo da convocatoria é promover un maior desenvolvemento dos esquemas de pagamento agrícola-ambientais baseados en resultados. Esta convocatoria continúa a senda iniciada por unha convocatoria similar en 2014 e busca subvencionar un ou dous proxectos máis.


Esta convocatoria está relacionada cun estudo recentemente finalizado ”Protección da biodiversidade a través da remuneración por resultados dos logros ecolóxicos” que puxo en común experiencias e esquemas aplicados por distintos Estados Membros, estableceu como puntos de referencias diversas boas prácticas e creou unha plataforma web que contén información sobre os esquemas de protección da biodiversidade que remuneran resultados positivos para a biodiversidade. Tamén se encontra dispoñible na plataforma un manual dirixido ao público obxectivo, isto é, aos que desexen desenvolver un esquema de pagamento por resultados, así como o informe final de estudo.

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos específicos desta convocatoria son:


  • Promover o deseño, o desenvolvemento e a utilización de esquemas de remuneración baseados en resultados en zonas rurais para preservar e mellorar a biodiversidade.


  • Entender mellor os factores que contribúen ao éxito ou fracaso dos devanditos esquemas.


  • Identificar as oportunidades e condicións nas que aumentar o uso destes esquemas na UE e, en particular, no contexto da PAC.


  • Explorar o potencial para que os devanditos esquemas sexan aplicados amplamente en zonas rurais, por exemplo, na protección e a mellora de polinizadoras e biodiversidade do chan.

  • Demostrar o potencial destes esquemas para alcanzar os resultados ecolóxicos para os que foron deseñados, desenvolvendo, testando e aplicando unha monitorización amplamente apropiada para verificar os resultados ecolóxicos alcanzados.


  • Promover e concienciar sobre os beneficios dos esquemas de remuneración baseados en resultados, particularmente dentro da comunidade rural.


Estes obxectivos deben ser alcanzados en boa medida, a través do deseño, a posta en marcha, a xestión e a monitorización dos esquemas piloto de remuneración baseados en resultados aplicados nas granxas.

Eidos de actuación

Actividades elixibles:


  • Deseño, implementación, coordinación e xestión do proxecto.


  • Auditoría (interna/externa) dos solicitantes e terceiras partes que reciben apoio financeiro do proxecto.


  • Actividades de difusión, sensibilización e formación.


  • Accións dirixidas á creación e mellora de redes e intercambio de boas prácticas.


  • Estudos, análise e actividades de mapeo directamente relacionadas co deseño, monitorización e avaliación do proxecto.


  • Subcontratación para actividades específicas necesarias para levar a cabo o proxecto. Os devanditos servizos deberán cumprir cos obxectivos do proxecto e deben incluír accións de formación dos agricultores, accións de monitorización, verificación e auditoria, etc.


  • Apoio financeiro a terceiras partes que actúen coas granxas baseadas nunha convocatoria de propostas lanzadas no marco do proxecto.

Destinatarios

Entidades públicas e privadas, ONGs, universidades ou institucións de investigación.

Socios

Os solicitantes deben estar legalmente establecidos nun Estado Membro da UE.


Os socios poden actuar de xeito individual ou en colaboración con outras organizacións. Neste caso:


  • Os solicitantes poden asociarse cunha ou varias autoridades públicas ou organismos privados, actores e institucións, organizacións no, universidades e/ou institutos de investigación de países da UE ou candidatos cando isto sexa útil para o cumprimento dos obxectivos da iniciativa piloto.


  • As organizacións asociadas participan no deseño e a implementación da iniciativa piloto e os custos nos que incorren son elixibles de igual xeito aos que incorren os beneficiarios da subvención.

Financiamento

O máximo importe cofinanciado pola UE é de ata un 70% dos custos elixibles. O resto do proxecto debe ser financiado pola propia organización ou por fondos alleos á UE. A comisión espera financiar 1 ou 2 propostas.

Orzamento total da convocatoria

500.000 euros

Duración do proxecto

A duración máxima do proxecto debe ser de 36 meses. Dentro deste período, os esquemas deben ser aplicados por unha duración comprendida entre 18 e 30 meses. O resto do tempo previsto debe ser dedicado para as fases de deseño, preparación dos acordos, avaliación dos resultados e a preparación de informes.

Data de publicación

01/06/2015

Data límite de solicitude

15/09/2015

Documentación

Contacto

Contacto
ENV-RBAPS@ec.europa.eu
European Commission
DG ENV.
B2 B-1049 BRUSSELS
BU-5, 5º piso, oficina 134

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante