Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Subvencións para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade en polígonos industriais - PR603A

Programa

FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER)

Obxectivo xeral

Conceder subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade. As subvencións tramitadas ao abeiro das presentes bases están cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

Eidos de actuación

Os proxectos susceptibles de obter subvencións vinculadas ás convocatorias ditadas ao abeiro das presentes bases deberán despregar redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade (100 Mbps ou superior). As zonas subvencionables para o desenvolvemento de proxectos susceptibles de acollerse a esta liña atópanse no anexo da Resolución. En todo caso, as zonas subvencionables corresponderanse coa totalidade ou partes claramente delimitadas de polígonos industriais que non dispoñan de cobertura de redes de nova xeración de moi alta velocidade nin de plans para o seu despregamento por parte de ningún operador.
O obxectivo é o despregamento de redes de acceso e poden incluírse tramos da rede de transporte necesarios para dotar de conectividade á rede de acceso.
Entenderanse por redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade a aquelas que cumpran todos os requisitos establecidos na Resolución.

Destinatarios

1. Poderán solicitar e, de ser o caso, obter a condición de beneficiarias as persoas que ostenten a condición de operadoras, conforme o establecido nos artigos 6 e 7 da Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións.

2. Así mesmo, poderán obter a condición de beneficiarias, as unións temporais de empresas (UTE) en que polo menos unha das integrantes posúa a condición de operadora segundo se establece no número anterior.
De conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o beneficiario sexa unha persoa xurídica, os membros asociados do beneficiario que se comprometan a efectuar a totalidade ou parte das actividades que fundamenten a concesión da subvención en nome e por conta do primeiro, terán igualmente a consideración de beneficiarios.

Financiamento

Como máximo cofinanciarase ata o 65% do custo elixible do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

Dotación orzamentaria máxima de 3.424.610,80 €, cofinanciada ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao 7,5 % polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e ao 17,50 % pola Xunta de Galicia, no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro.

Data de publicación

22/04/2016

Data límite de solicitude

23/05/2016

Documentación

Contacto

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código PR603A, poderá obterse documentación normalizada ou información adicional na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a través das seguintes canles:
1. A páxina web: http://amtega.xunta.gal/transparencia/transparencia.html.
2. O teléfono: 981 54 55 35.
3. O enderezo electrónico: sociedade-dixital.amtega@xunta.es.
4. Presencialmente.
5. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outros procedementos, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia (012 ou 902 12 00 12, se chama desde fóra de Galicia).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante