Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programas múltiples - Subvencións a accións de información e de promoción relativas a produtos agrícolas no mercado interior e en terceiros países - AGRI-MULTI-2016.

Programa

FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER)

Obxectivo xeral

Reforzar a competitividade do sector agrícola da Unión.

Obxectivo específico da convocatoria

• Aumentar o coñecemento das calidades dos produtos agrícolas da Unión e dos elevados estándares que cumpren os métodos de produción da Unión.
• Promover a competitividade e o consumo dos produtos agrícolas da Unión e determinados produtos alimenticios e mellorar a súa visibilidade tanto dentro como fóra da Unión.
• Incrementar o coñecemento e o recoñecemento dos réximes de calidade da Unión.
• Aumentar a cota de mercado dos produtos agrícolas e determinados produtos alimenticios da Unión, centrándose especificamente naqueles mercados de terceiros países co maior potencial de crecemento.
• Restablecer as condicións normais de mercado en caso de perturbacións graves do mercado, perda de confianza do consumidor ou outros problemas específicos.


Eidos de actuación

1. Xestión do proxecto
2. Estratexia
• Definición da estratexia de comunicación
• Definición da identidade visual da campaña
3. Relacións públicas
• Actividades en materia de relacións públicas
• Actos para a prensa
4. Sitio web, medios sociais
• Creación, actualización e mantemento do sitio web
• Medios sociais (creación de contas, publicación periódica)
• Outros (aplicacións para móbiles, plataformas de aprendizaxe en liña, webinarios, etc.)
5. Publicidade
• Prensa
• Televisión
• Radio
• En liña
• Exteriores
• Cinema
6. Instrumentos de comunicación
• Publicacións, conxuntos de medios de comunicación, artigos de promoción
• Vídeos promocionais
7. Actos
• Estands en feiras comerciais
• Seminarios, talleres, reunións empresa a empresa, formación de comercio ou para cociñeiros, actividades en escolas
• Semanas de restaurantes
• Patrocinio de actos
• Viaxes de estudo a Europa
8. Promoción de puntos de venda
• Días de cata
• Outros: promoción de publicacións dos comerciantes polo miúdo, publicidade de puntos de venda.


Destinatarios

Aberto a calquera tipo de organización/entidade constituída legalmente e localizada nalgunha das zonas de actuación.

Socios

-Un ou máis:
• Organizacións profesionais ou interprofesionais da Unión representativas do sector ou sectores de que se trate a escala da Unión.
-Polo menos dous:
• Organizacións profesionais ou interprofesionais establecidas nun Estado membro e que sexan representativas en devandito Estado membro do sector.
• Organizacións de produtores ou asociacións de organizacións de produtores.
• Organismos do sector agroalimentario que teñen como obxectivo e actividade proporcionar información sobre os produtos agrícolas e promocionalos, estes deberán ser constituídos polo menos dous anos antes da data de proposta.


Financiamento

• Para os programas múltiples no mercado interior ou en terceiros países: o 80 % dos custos subvencionables do programa.
• En caso de solicitantes establecidos nos Estados membros que reciban o 1 de xaneiro de 2014 ou posteriormente axuda financeira de conformidade cos artigos 136 e 143 do TFUE (1), a porcentaxe será do 85 %.


Orzamento total da convocatoria

14.300.000 €.

Duración do proxecto

Entre 1 e 3 anos.

Data de publicación

04/02/2016

Data límite de solicitude

28/04/2016

Documentación

Contacto

-Helpdesk na CHAFEA: tel. +352 4301 36611
-Correo electrónico: CHAFEA-AGRI-Calls@ec.europa.eu
-Horario: Días laborables entre as 9:30-12:00h e 1as 14:00-17:00 h. O Helpdesk non está dispoñible os fins de semana e días festivos.


Comentarios

• Os solicitantes deberán especificar a duración do proxecto.
• Os solicitantes deberán ser competentes e ter as calidades necesarias para realizar o proxecto.
• Disposicións financeiras: Non acumulación de subvencións, non retroactividade, cofinanciación.
• Só aceptaranse as solicitudes de entidades xurídicas establecidas en Estados membros da UE.
• Entidades non subvencionables: os solicitantes que xa reciben financiamento da Unión en relación coas mesmas accións de información e de promoción non poderán beneficiarse do financiamento da Unión.



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante