Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programas Simples - Accións de información e de promoción relativas a produtos agrícolas no mercado interior e en terceiros países - AGRI-SIMPLE-2016.

Programa

FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER)

Obxectivo xeral

Reforzar a competitividade do sector agrícola da Unión.

Obxectivo específico da convocatoria

• Aumentar o nivel de coñecemento sobre as bondades dos produtos agrícolas da Unión e os elevados estándares que cumpren os métodos de produción da Unión.
• Aumentar a competitividade e o consumo dos produtos agrícolas da Unión e determinados produtos alimenticios e mellorar a súa visibilidade.
• Incrementar o coñecemento e o recoñecemento dos réximes de calidade da Unión.
• Aumentar a cota de mercado dos produtos agrícolas e de determinados produtos alimenticios da Unión.
• Restablecer as condicións normais de mercado.


Eidos de actuación

1. Xestión do proxecto
2. Estratexia
• Definición da estratexia de comunicación
• Definición da identidade visual da campaña
3. Relacións públicas
• Actividades en materia de relacións públicas
• Actos para a prensa
4. Sitio web, medios sociais
• Creación, actualización e mantemento do sitio web
• Medios sociais
• Outros
5. Publicidade
• Prensa
• Televisión
• Radio
• En liña
• Exteriores
• Cinema

6. Instrumentos de comunicación
• Publicacións, conxuntos de medios de comunicación, artigos de promoción
• Vídeos promocionais

7. Actos
• Estands en feiras comerciais
• Seminarios, talleres, reunións empresa a empresa, formación de comercio ou para cociñeiros, actividades en escolas
• Semanas de restaurantes
• Patrocinio de actos
• Viaxes de estudo a Europa
8. Promoción de puntos de venda
• Días de cata
• Outros: promoción de publicacións dos comerciantes polo miúdo, publicidade de puntos de venda


Destinatarios

Aberto a calquera tipo de organización/entidade constituída legalmente e localizada nalgunha das zonas de actuación.

Socios

-Un ou máis:
• Organizacións profesionais ou interprofesionais establecidas nun Estado membro e que sexan representativas en devandito Estado membro do sector ou sectores de que se trate.
• Organizacións de produtores ou asociacións de organizacións de produtores.
• Organismos do sector agroalimentario que teñen como obxectivo e actividade proporcionar información sobre os produtos agrícolas e promocionalos


Financiamento

O financiamento será de 70% para os single programmes e do 80 % para programas con terceiros países.

Orzamento total da convocatoria

93.650.000 M€

Duración do proxecto

Entre 1 e 3 anos

Data de publicación

04/02/2016

Data límite de solicitude

28/04/2016

Documentación

Contacto

Chafea:
Tlfno: +352 4301 36611
E-mail: CHAFEA-AGRI-Calls@ec.europa.eu
Horario: laborables entre 9.30 h?12.00 h e 14.00 h?17.00 h. O servizo de asistencia non está dispoñible os fins de semana nin festivos.

Comentarios

• Os solicitantes deberán especificar a duración do proxecto.
• Os solicitantes deberán ser competentes e ter as calidades necesarias para realizar o proxecto.
• Disposicións financeiras: Non acumulación de subvencións, non retroactividad, cofinanciación.
• Entidades non subvencionables: os solicitantes que xa reciban financiamento da Unión para as mesmas accións de información e de promoción que integran a súa(s) proposta(s) non poderán recibir financiamento da Unión.
• Unicamente son subvencionables as solicitudes de entidades establecidas en Estados membros da UE.



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante