Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Rutas náuticas para Europa - EASME/EMFF/2016/1.2.1.12

Programa

FONDO EUROPEO MARÍTIMO E DE PESCA (FEMP)

Obxectivo xeral

Dar apoio ao desenvolvemento de produtos turísticos temáticos transnacionais e axudar á súa promoción a través da creación de rutas temáticas turísticas trasnacionais nas rexións costeiras nas áreas do turismo náutico e o turismo dos deportes acuáticos no mar.
Os produtos turísticos deberán promover, polo menos, un dos seguintes segmentos: turismo náutico e/ou turismo dos deportes acuáticos no mar.
Anímase aos solicitantes a crear e mellorar sinerxías con outros segmentos turísticos importantes, como o turismo gastronómico e enolóxico, turismo cultural, turismo de saúde e benestar e turismo de cruceiros.
As rutas creadas polos proxectos deberán ser innovadoras no senso de que diversifiquen a oferta turística costeira e mariña en Europa.

Obxectivo específico da convocatoria

  • Fomentar a diversificación e a oferta de turismo náutico en Europa en relación con produtos e servizos desenvolvendo rutas náuticas transnacionais e sustentables e empregando outros produtos turísticos asociados.

  • Fomentar as sinerxías entre as actividades turísticas na costa e aumentar os beneficios para a economía e a poboación local.

  • Fomentar a cooperación transnacional entre actores ao longo da cadea de valor turística no que respecta ao turismo náutico, deportes acuáticos e o mar.

  • Reforzar a inclusión no mercado e a visibilidade das rutas náuticas transnacionais sustentables en Europa e fomentar a súa promoción ao público, así como os partenariados entre segmentos turísticos e as sinerxías entre destinos.

Eidos de actuación

A convocatoria abrangue a concepción, desenvolvemento, execución e promoción de rutas temáticas turísticas transnacionais nas áreas costeiras de Europa.
Os proxectos deberán afrontar polo menos as actividades seguintes como parte da execución:

  • Deseño e creación dunha ruta náutica transnacional conectando atraccións turísticas nas costas de dous Estados elixibles e ofrecendo, polo menos, un produto transnacional específico desa ruta.

  • Desenvolver unha estratexia a longo prazo para o establecemento e explotación da ruta náutica, incluíndo unha estratexia de comunicación e márketing sobre a ruta náutica e os produtos asociados.

  • Consultar e validar coas entidades implicadas o deseño, a creación, a explotación e a sustentabilidade da nova ruta náutica e os seus produtos.

  • Desenvolver as ferramentas e materiais necesarios para a promoción desa ruta seguindo a estratexia de comunicación deseñada.

  • Establecer un mecanismo que apoie unha cooperación sólida e sustentable entre os diferentes actores da cadea de valor.

Destinatarios

Os solicitantes deberán ser entidades legais, públicas ou privadas, constituídas nun Estado Membro ou noutro país considerado “elixible” de acordo co establecido na convocatoria. En caso de organizacións internacionais deberán estar constituídas de acordo co Dereito Internacional.
As persoas físicas non son elixibles para esta convocatoria.
Tódolos solicitantes, xa sexan entidades públicas ou privadas, deberán ser activas nos eidos seguintes: turismo e/ou asuntos marítimos. Cando sexa necesario para o desenvolvemento dun produto turístico ou para unha nova ruta náutica transnacional, poderán considerarse elixibles solicitantes dedicados a outros campos.

Socios

Entidades de, polo menos, dous Estados elixibles, sendo un deles necesariamente Estado Membro.

Financiamento

Como máximo un 80% dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

1.5 millóns de euros.

Duración do proxecto

Como máximo 24 meses.

Data de publicación

30/11/2016

Data límite de solicitude

15/03/2017

Documentación

Contacto

E-mail: EASME-EMFF-calls@ec.europa.eu (no caso de ter preguntas, é necesario incluír a referencia: EASME/EMFF/2016/1.2.1.12 -Nautical Routes for Europe)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante