Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Implementación do Segundo Ciclo da Directiva Marco sobre a Estratexia Mariña: alcanzar cambios coherentes, coordinados e consistentes das resolucións do Status do Bo Medioambiente, as avaliacións iniciais e os obxectivos ambientais - DG ENV/MSFD Second Cycle/2016

Programa

FONDO EUROPEO MARÍTIMO E DE PESCA (FEMP)

Obxectivo xeral

Apoiar a seguinte fase da implementación da Directiva Marco sobre a Estratexia Mariña (DMEM), en particular acadando melloras coherentes, coordinadas e consistentes a nivel rexional dos determinantes do “Good Environmental Status (GES)”, tal e como se establece nos artigos 17, 5.2 y 3.5 da Directiva Marco (2008/56/EC).
A implementación exitosa das propostas deberá contribuír directamente ás necesidades de cooperación rexional ou subrexional das autoridades competentes dos Estados Membros.

Obxectivo específico da convocatoria

As accións deberán perseguir un ou varios dos seguintes obxectivos específicos:
-Revisar e, cando sexa necesario, actualizar os determinantes do GES, seguindo as recomendacións da Comisión e usando os resultados das revisións científicas e técnicas.
-Actualizar a avaliación de 2012 (artigo 8 da Directiva Marco) dacordo co Anexo III da mesma e cos criterios e standards metodolóxicos nela establecidos.
-Actualizar os obxectivos medioambientais e os indicadores asociados (artigo 10 da Directiva Marco), encarando estes cando sexa apropiado a un nivel rexional ou subrexional, ou desenvolvendo enfoques comúns para o establecemento de obxectivos nacionais.
-Desenvolver ferramentas e mecanismos para describir e avaliar o progreso na implementación do programa de medidas, para poder realizar o informe ó que se refire o artigo 18.
-Mellorar a xestión e o acceso ós datos empregados na avaliación e nos programas de monitorización, dacordo co artigo 19.
-Establecer conxuntos de áreas de avaliación xeográfica para cada rexión ou subrexión para ofrecer unha base á avaliación do artigo 8, tendo en conta as directrices europeas no seu establecemento e uso, incluíndo consideracións de importancia ecolóxica.
-Continuar mellorando os programas de monitorización (artigo 11).

Eidos de actuación

As actividades que poderán entrar a formar parte desta convocatoria serán aplicables ás augas mariñas dos Estados Membros tal e como veñen definidas no artigo 3.1 da DMEM, pero tamén poderán englobar as augas mariñas de Estados terceiros dentro das rexións mariñas definidas no artigo 4, sempre e cando eses esforzos non supoñan custes adicionais ó proxecto.
Tales actividades poderán incluír:
-Deseño, implementación, coordinación e xestión do proxecto.
-Concienciación, formación e difusión de actividades.
-Seguimento das campañas e da recollida de datos.
-Custes das viaxes para manter reunións.
-Creación e mellora das redes e intercambio de boas prácticas.
-Estudos, análises, plans de acción e actividades de mapeo directamente relacionadas co proxecto.
-Establecemento da xestión de datos e información, incluíndo actualizacións regulares dos mesmos.

Destinatarios

Solicitantes e socios (potenciais co-beneficiarios da subvención) deben ser:
-entidades públicas ou privadas (autoridades públicas, universidades, centros de investigación, organizacións privadas con ou sen ánimo de lucro...).
-rexistradas nun Estado Membro ou ser organizacións internacionais.
Os socios de Estados terceiros (non EU) que sexan parte dalgunha das catro Convencións Mariñas Rexionais poderán ser socios ou asociados da acción sempre e cando a súa actuación non supere o 5-10% dos custes totais da acción (5% por cada socio e un total de 10% para todos os que estean nesa situación).

Socios

As propostas deberán cubrir polo menos unha subrexión mariña e ser enviadas conxuntamente (así como implementadas) por entidades de, polo menos, dous Estados membros dentro desa rexión ou subrexión relevante.
É posible enviar propostas que afecten a máis dunha rexión ou subrexión.

Financiamento

Cubrirase como máximo o 80% dos custes.

Orzamento total da convocatoria

5.819.322 de euros.

Duración do proxecto

Entre 8 e 24 meses, empezando preferiblemente o 1 de xaneiro de 2017-.

Data de publicación

29/04/2016

Data límite de solicitude

26/09/2016

Documentación

Contacto

Pódense enviar dúbidas a: ENV-MARINE-ENVIRONMENT@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante