Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Laboratorios Azuis: solucións innovadoras para os retos marítimos - EASME/EMFF/2016/1.2.1.4

Programa

FONDO EUROPEO MARÍTIMO E DE PESCA (FEMP)

Obxectivo xeral

Apoiar unha nova maneira de traballar na que os mozos científicos, apoiados por investigadores, grupos de interese locais e industria, formen equipo para a creación de solucións innovadoras para o desenvolvemento da economía azul sustentable, á vez que preservando os recursos mariños e ecosistemas.

Obxectivo específico da convocatoria

- A proveitar as habilidades da xente nova e a súa creatividade para incrementar a concienciación sobre de desafíos e oportunidades mariños ;
- Apoiar partenariados pioneiros entre grupos de interese marítimos e fomentar enfoques multidisciplinares combinando competencias de empresas coas do sector público e organismos de investigación;
- Apoiar a cooperación e a coordinación entre os grupos de interese marítimos a nivel local e de conca mariña (incluíndo o nivel de subrexión de conca mariña), á vez que capitalizar o coñecemento dos grupos de interese locais.

Eidos de actuación

1. (Bio)remedios azuis: explotar novos metabolitos e biomoléculas, encimas e xenes de miroorganismos que habiten en medios mariños extremos, desenvolvemento e proba das medidas de (bio)remedio en diferentes áreas, incluíndo a posible reutilización e reciclado de materiais perigosos.
2. Lixo mariño: desenvolver novas tecnoloxías, ferramentas e produtos para abordar a mitigación e xestión de tipos específicos de lixo, incluíndo nanomateriais, microplásticos e desperdicios explosivos.
3. Patrimonio cultural mergullado: desenvolver novos servizos, tecnoloxías ou produtos (vehículos autónomos non tripulados, sistemas robóticos, etc.) para descubrir, protexer e valorar o patrimonio cultural no fondo mariño.
4. Especies invasoras foráneas e proliferación de medusas: desenvolver novos produtos, servizos e ferramentas para afrontar as especies invasoras estrañas e/ou a proliferación de medusas no medio mariño, incluíndo as medidas de detección temperá, prevención, mitigación e de xestión. Cando sexa oportuno, a xestión incluirá a explotación sustentable dos recursos, por exemplo a recolección de medusas para alimentación ou aplicacións sanitarios e industriais.

Destinatarios

Organismos públicos ou privados da UE activos nos campos da investigación mariña, asuntos marítimos e outros temas relevantes co obxecto da convocatoria, así como organismos do mesmo tipo dos seguintes países de fóra da UE:
- Países que participan na Estratexia Europea para o Océano Atlántico: Canadá e Estados Unidos.
- Países que participan na Estratexia Europea para o Mar Báltico: Bielorrusia, Noruega e Rusia.
- Países que participan na Estratexia Europea para a macrorrexión Adriático-Xónica: Albania, Bosnia Herzegovina, Montenegro e Serbia.
- Países que participan na Estratexia Europea para o Mediterráneo: Alxeria, Albania, Bosnia Herzegovina, Exipto, Israel, Xordania, Líbano, Mauritania, Mónaco, Montenegro, Marrocos, Palestina, Tunes e Turquía.
- Países que participan na Estratexia Europea para a Sinerxia do Mar Negro: Armenia, Acerbaixán, Xeorxia, Moldavia, Rusia, Turquía e Ucraína.

Socios

As propostas se presentarán por un consorcio composto por, polo menos, dous socios. Dos cales polo menos unha será unha institución científica ou de investigación e outra unha entidade pública ou privada.

Financiamento

Estímase que as propostas aprobadas reciban entre 200.000 e 500.000 €. EASME espera financiar entre 5 e 6 proxectos.
A subvención limítase a un máximo de cofinanciación do 80% dos custos elixibles.


Orzamento total da convocatoria

1.700.000 €

Duración do proxecto

Os proxectos seleccionados comezarán en xaneiro de 2017 e a súa duración non poderá superar os 24 meses.

Data de publicación

29/02/2016

Data límite de solicitude

31/05/2016

Documentación

Contacto

Calquera pregunta deberá ser enviada por email a EASME-Emffcalls@ec.europa.eu.
indicando no asunto ”2016/1.2.1.4 Blue Labs”. Todas as preguntas coas súas correspondentes respostas serán publicadas na web https://ec.europa.eu/easme/en/european-maritime-and-fisheries-fund

Comentarios

As solicitudes presentaranse por escrito nalgún dos idiomas oficiais da UE, aínda que resulta recomendable que se presenten en inglés para acelerar o proceso de avaliación.
A solicitude deberá ser rexistrada, enviada e entregada por correo postal antes do 31/05/2016 á dirección seguinte:
European Commission EASME
Ref.: EASME/EMFF/2016/1.2.1.4
Unit A3 – EMFF
Madou Place Madou, 1 B-1210 - Saint-Josse-Ten-Noode, Brussels
Tamén pode ser enviada por mensaxería. Neste caso deberá ser entregada en man antes das 16.00 horas do 31/05/2016 e enviada á seguinte dirección:
European Commission EASME
Mail Service Ref. EASME/EMFF/2016/1.2.1.4
Avenue du Bourget 1 71 Art. 195.3 Rules of Application. 32 B-1140 Brussels

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante