Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Melloras de interoperabilidade das TIC nos Estados membros para potenciar o intercambio de información na vixilancia marítima - EASME/EMFF/2015/1.2.1.5

Programa

FONDO EUROPEO MARÍTIMO E DE PESCA (FEMP)

Obxectivo xeral

Apoiar aos Estados membros na súa mellora da interoperabilidade dos sistemas de información, mellorando así o carácter intersectorial e o intercambio de información transfronteiriza de forma eficiente e efectiva en orde a salvagardar, asegurar e protexer medioambientalmente os mares e océanos. Hai que facer unha mención especial á conexión dos sistemas nacionais cos sistemas CISE e/ou a creación dos mesmos.

Obxectivo específico da convocatoria

- Desenvolvemento das TIC para mellorar as posibilidades de compartir información intersectorial e transfronteiriza.
- Identificación das necesidades nos centros de operacións e na información da vixilancia para o seu posterior intercambio, a nivel nacional e/ou entre as fronteiras da Unión Europea.
- Definición dos servizos de información nova, baseados nos modelos de CISE, os cales poderían ser configurados e proporcionados a outros sectores a nivel nacional e con outros Estados membros.
- Identificación dos requisitos para facilitar a integración dos datos dispoñibles no diferentes TIC cunha interface de usuario simple.
- Implementación dun maior fluxo de información ou servizos entre as autoridades nacionais aos diferentes sectores dentro dos Estados membros e entre os mesmos.
- Creación ou mellora da interface, baseado no modelo CISE, entre os sistemas TIC existentes a fin de permitir o intercambio e reutilización da información entre as autoridades nacionais dos diferentes sectores e coa posibilidade de cruzamento de fronteiras.
- Integración de datos adicionais cando existan sistemas e interfaces de usuario, tanto nos centros operativos como a bordo dos postos de vixilancia.


Eidos de actuación

ACCIÓN 1. Accións preparatorias: Estudos preparatorios para identificar as necesidades e requirimentos para a mellora intersectorial de intercambio de información sobre vixilancia marítima en e entre a Unión Europea e os Estados membros.
ACCIÓN 2. Desenvolvemento en interoperabilidade: Desenvolvemento dos sistemas de interoperabilidade xa existentes e/ou creación de novas capacidades para mellorar o intercambio de información intersectorial de vixilancia marítima con e entre Estados membros.


Destinatarios

Autoridades públicas (nacionais, rexionais, locais) dos Estados membros que participen na coordinación e/ou execución das seguintes actividades de vixilancia, control e protección marítima tanto a nivel rexional como nacional: seguridade e protección marítima, aduanas, control de fronteiras, aplicación de normas, control da pesca, loita contra a contaminación e a protección do medio mariño. Tamén entidades afiliadas con determinados requisitos adicionais.

Socios

As propostas deberán ser presentadas por un consorcio de mínimo dúas organizacións. Unha actuará como coordinadora do consorcio, mentres que a outra actuará en calidade de socio. Os solicitantes poderán participar en, como máximo, dous proxectos distintos, sen ter en conta se son socios ou coordinadores.

Financiamento

O financiamento máximo non excederá:
• 200.000 euros para a ACCIÓN 1
• 300.000 euros para ACCIÓN 2
• 400.000 euros para proxectos que combinen as ACCIÓNS 1 e 2

EASME espera financiar ata 10 propostas diferentes. A contribución financeira da UE non poderá ser superior ao 80 % dos custos subvencionables totais.


Orzamento total da convocatoria

2.538.000 €

Duración do proxecto

Os proxectos non excederán dunha duración de 2 anos.

Data de publicación

21/12/2015

Data límite de solicitude

31/03/2016

Documentación

Contacto

En caso de dúbidas deberá enviarse un correo electrónico a EASME-Emffcalls@ec.europa.eu indicando no asunto: “2015/1.2.1.5 ”Implementation of the Common Information Sharing Environment (CISE)”

Comentarios

A data límite será o 31/03/2016 ás 16.00 horas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante