Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Proxectos en planificación espacial marítima-EASME/EMFF/2015/1.2.1.3

Programa

FONDO EUROPEO MARÍTIMO E DE PESCA (FEMP)

Obxectivo xeral

Axudar ós Estados Membros a desenvolver planificacións espaciais marítimas nas súas augas e fomentar a cooperación nas planificacións das cuncas marinas transfronteirizas, así como estimular o desenvolvemento dunha concepción transfronteiriza e que teña en conta o ecosistema dos proxectos de planificación espacial marítima, tendo en conta os requerimentos do Plan Director de Espazo Marítimo.

Eidos de actuación

  • Identificación de potenciais obstáculos e formulación de recomendacións no que respecta á aplicación da planificación espacial marítima nas áreas fronteirizas, coa finalidade de facilitar a súa aplicación nas áreas fronteirizas en todo o territorio da Unión, así como tamén para xestionar as interaccións terra-mar.

  • Para a zona do Mediterráneo Occidental, farase especial fincapé nos beneficios da planificación espacial para a xestión do “Pelagos Sanctuary”.

  • Para o Mediterráneo en xeral (Occidental e Oriental) o Protocolo de Xestión Integrada de zonas costeiras baixo a Convención de Barcelona (Decisión 2010/631/EU do Consello) deberá ser tida en conta na implementación das actuacións. Tal implementación deberase facer, sempre que sexa posible, baseada en normas preexistentes, incluíndo as que se atopan no devandito Protocolo.

Destinatarios

Para ser destinatario da convocatoria é preciso cumplir os seguintes requisitos:

  • Autoridades públicas ou outros corpos encargados da planificación espacial marítima dos Estados Membros ribereños nas cuncas cubertas pola convocatoria.

  • Organizacións internacionais e os seus membros, incluindo convencións rexionais marítimas de relevancia (por exemplo OSPAR) e os seus membros.


É posible tamén figurar como ”entidades afiliadas”, sempre e cando preexista unha ligazón legal ou capital entre a entidade legal que quere aparecer como “afiliada” e a solicitante.

Socios

No proxecto debe haber, polo menos, socios de dous Estados Membros.

Financiamento

Non consta

Orzamento total da convocatoria

6 millóns de euros

Duración do proxecto

Non máis de 24 meses

Data de publicación

12/01/2016

Data límite de solicitude

30/09/2016

Documentación

Comentarios

Data límite para envío de propostas: 31/03/2016 – 16.00 H (hora de Buxelas)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante