Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Proxecto piloto- Aplicación dos requisitos de accesibilidade web por defecto nas ferramentas e plataformas de creación web 

Programa

MECANISMO CONECTAR EUROPA

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral deste proxecto piloto é fomentar e apoiar a aplicación da Directiva sobre a accesibilidade da Web mediante a adopción dos requisitos de accesibilidade pertinentes da norma europea EN 301 549 v1.1.2 mediante a concesión de subvencións para incorporar características como opción predeterminada nas ferramentas de creación web ou plataformas que facilitarían o cumprimento dos requisitos desta Norma Europea. 

Obxectivo específico da convocatoria

Dentro do obxectivo xeral, o proxecto piloto ten como obxectivo:

  • Apoiar a dispoñibilidade de ferramentas ou plataformas de creación (novas ou redeseñadas) que axuden aos autores para producir contido web accesible mediante a inclusión de características que satisfagan os requisitos de accesibilidade (”accesibilidade web predeterminada”);
  • Estimular o mercado, crear oferta e mellorar a competencia para as ferramentas e plataformas de creación web con características de accesibilidade;
  • Proporcionar boas prácticas e axudar á difusión de solucións de accesibilidade web incorporadas en ferramentas e plataformas de creación de páxinas web;
  • Apoiar aos Estados Membros a contratar aos usuarios para que proben as ferramentas de creación de páxinas web;
  • Facilitar o cumprimento dos requisitos de accesibilidade establecidos na Directiva de Accesibilidade Web con todo o anterior.

Eidos de actuación

Tipos de actividades subvencionables en virtude da presente convocatoria de propostas.

  • Prototipos, implementación e probas / validación de accións.
  • Conferencias, seminarios.
  • Accións de sensibilización e difusión.
  • Accións destinadas a crear e mellorar redes, intercambios de boas prácticas.
  • Estudos, análises, mapeo de proxectos.

Destinatarios

  • Entidades legais individuais
  • Consorcio de varias entidades
  • Por un solicitante que represente a un consorcio.

Financiamento

O financiamiento europeo non excederá o 50% do total dos custos elegibles da acción.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento indicativo é de 600 000 EUR.

Duración do proxecto

A duración indicativa da proposta é de 18 meses.

Data de publicación

14/08/2017

Data límite de solicitude

28/09/2017

Documentación

Contacto

As preguntas relacionadas con esta convocatoria deben dirixirse a: 

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante