Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria multianual para propostas de proxectos de interese común no eido das redes de transporte trans-europeas - CEF-TR-2016-1-MAP-General

Programa

MECANISMO CONECTAR EUROPA

Obxectivo específico da convocatoria

En coherencia cos obxectivos que se establecen na programa Mecanismo Conectar Europa (CEF, polas súas siglas en inglés), esta convocatoria persegue os seguintes obxectivos:

  • Obxectivo de financiamento 1: eliminar atascos, fomentar a interoperatividade ferroviaria, construír enlaces que faltan e, particularmente, mellorar as seccións transfronteirizas.

  • Obxectivo de financiamento 2: asegurar uns sistemas de transporte sostible e eficiente a longo prazo, con vistas a prepararse para futuros fluxos de transporte esperados, así como permitir un proceso de decarburación para que todos os medios de transporte transiten cara tecnoloxías de transporte eficientes enerxeticamente e baixas en carbono, ao tempo que se optimiza a seguridade

  • Obxectivo de financiamento 3: integrar e interconectar os medios de transporte, e impulsar a interoperatividade dos servizos de transporte, mentres se asegura a accesibilidade a todas as infraestruturas de transporte.

Eidos de actuación

Así pois, para dar cumprimento aos obxectivos que se buscan nesta convocatoria, as prioridades a financiar dentro de cada un son:

  • Dentro do Obxectivo de financiamento 1: Sistemas de Xestión de Tráfico Ferroviario Europeo (ERTMS, polas súas siglas en inglés). A esta prioridade destínanse 70 millóns de euros.

  • Dentro do Obxectivo de financiamento 2: Despregamento de novas tecnoloxías e innovación en todos os medios de transporte, facendo fincapé no proceso de decarburación, na seguridade e nas tecnoloxías innovadoras para a promoción da sustentabilidade, operación, xestión, accesibilidade, multimodalidade e eficiencia da rede. Para estas accións hai 80 millóns de euros dispoñibles

  • Dentro do Obxectivo de financiamento 3: Espazo Aéreo Único Europeo (SESAR, polas súas siglas en inglés) con 300 millóns de euros; Servizos de Transporte Intelixente para a Estrada (ITS, polas súas siglas en inglés), con 120 millóns de euros; Autoestradas do Mar (MoS,polas súas siglas en inglés), con 40 millóns de euros; e accións de creación de infraestruturas de transporte en nodos da rede central, incluíndo nodos urbanos, ás que lle adican 40 millóns de euros.

Destinatarios

Poden solicitar estas axudas (a) un ou máis Estados membros ou (b), co permiso destes últimos, organizacións internacionais, consorcio de empresas, empresas públicas, empresas privadas ou axencias establecidas nalgún Estado membro.
Terceiros países ou entidades procedentes destes países poden participar nas accións sempre que contribúan nun proxecto con interese común. Mais estes non terán acceso a financiamento, a non ser que sexa imprescindible para o logro dos obxectivos dese ben común.

Financiamento

As porcentaxes que co-financia a Comisión Europea varían segundo o tipo de proxectos.

  1. Para os proxectos que consistan en estudos, co-financiarase até o 50% dos custos elixibles. Estes proxectos deben solicitar unha axuda de polo menos 500.000€.

  2. Para proxectos que establecen plans de accións, o co-financiamento poderá ser até dun 20%. Estes proxectos deben solicitar unha axuda de polo menos 1.000.000€

  3. Para proxectos que se basean en sistemas e servizos de aplicacións telemáticas, o co-financiamento oscila entre o 20 e o 50% dos custos elixibles, segundo a área temática. Existe a posibilidade dun aumento do 10% se se crean sinerxias entre o transporte e algún dos sectores incluídos no Programa de Traballo Multianual.


A comisión resérvase o dereito de subvencionar unha cantidade inferior á solicitada.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total para esta convocatoria é de 650 millóns de euros. Non obstante, cada temática de proxectos ten destinada unha cantidade específica que se recolle nun dos anteriores apartados. Cabe dicir que é posible o movemento de fondos dunhas prioridades a outras, sempre que teñan o mesmo obxectivo de financiamento.

Data de publicación

13/10/2016

Data límite de solicitude

07/02/2017

Documentación

Contacto

O Punto de Contacto Nacional é o Ministerio de Fomento baixo a Secretaría de Estado e Infraestruturas: María Carmen Corral Escribano, Tél:915 977 602/915 975 030
E-mail: ccorral@fomento.es

Comentarios

O prazo remata ás 17h (Bruxelas)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante