Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria anual para propostas de proxectos de interese común no eido das redes de transporte trans-europeas – CEF-TR-2016-1-AP-General

Programa

MECANISMO CONECTAR EUROPA

Obxectivo específico da convocatoria

Esta convocatoria persegue dous dos obxectivos do programa Mecanismo Conectar Europa (CEF, polas súas siglas en inglés):

  • Obxectivo de financiamento 1: eliminar atascos, fomentar a interoperatividade ferroviaria, construír enlaces que faltan e, particularmente, mellorar as seccións transfronteirizas.

  • Obxectivo de financiamento 2: asegurar uns sistemas de transporte sostible e eficiente a longo prazo, con vistas a prepararse para futuros fluxos de transporte esperados, así como permitir un proceso de decarburación para que todos os medios de transporte transiten cara tecnoloxías de transporte eficientes enerxeticamente e baixas en carbono, ao tempo que se optimiza a seguridade.

Eidos de actuación

Nesta convocatoria, seguindo cos obxectivos mencionados anteriormente, as prioridades para financiar son:

  • Dentro do Obxectivo de financiamento 1 financiaranse proxectos dedicados ás seccións transfronteirizas de ferrocarril, estradas e vías navegables interiores tanto nas redes centrais coma nas máis amplas (aos que lles destina 110 millóns de euros). Tamén se financiarán proxectos que conecten as redes de transporte trans-europeas coas redes de infraestruturas dos países veciños en redes centrais e máis amplas, particularmente nas seccións xa citadas (40 millóns de euros).

  • Dentro do Obxectivo de financiamento 2 inclúense proxectos de Servizos de Transporte de Mercancías (20 millóns de euros) e Accións para reducir o ruído do transporte de mercancías ferroviaria, incluíndo a modernización do material transportado (20 millóns de euros).

Destinatarios

Poden solicitar estas axudas (a) un ou máis Estados membros ou (b), co permiso destes últimos: organizacións internacionais, consorcios de empresas, empresas públicas, empresas privadas ou axencias establecidas nalgún Estado membro.
Terceiros países ou entidades procedentes destes países poden participar nas accións sempre que contribúan nun proxecto de interese común. Mais estes non terán acceso ao financiamento comunitario, a non ser que sexa imprescindible para o logro dos obxectivos dito ben común.

Financiamento

As porcentaxes que co-financia a Comisión Europea varían segundo o tipo de proxectos.

  1. Para os proxectos que consistan en estudos, co-financiarase até o 50% dos custos elixibles. Estes proxectos deben solicitar unha axuda de polo menos 500.000€.

  2. Para proxectos que establecen plans de accións, o co-financiamento oscila entre o 10 ao 40% segundo a área temática e as características do país. Estes proxectos deben solicitar unha axuda de polo menos 1.000.000€

  3. Para proxectos que se basean en sistemas e servizos de aplicacións telemáticas, o co-financiamento poderá ser até un 20% con posibilidade dun aumento do 10% se se crean sinerxias entre o transporte e algún dos sectores incluídos no Programa de Traballo.


A comisión resérvase o dereito de subvencionar unha cantidade inferior á solicitada.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total para esta convocatoria é de 190 millóns de euros. Non obstante, cada temática de proxectos ten destinada unha cantidade específica que se recolle nun dos anteriores apartados. Cabe dicir que é posible o movemento de fondos dunhas prioridades a outras, sempre que teñan o mesmo obxectivo de financiamento.

Data de publicación

13/10/2016

Data límite de solicitude

07/02/2017

Documentación

Contacto

O Punto de Contacto Nacional é o Ministerio de Fomento baixo a Secretaría de Estado e Infraestruturas: María Carmen Corral Escribano, Tél:915 977 602/915 975 030
E-mail: ccorral@fomento.es

Comentarios

O prazo remata ás 17h (Bruxelas).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante