Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Europeana - CEF-TC-2016-3

Programa

MECANISMO CONECTAR EUROPA

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo é amosar os tesouros culturais de Europa, así como ilustrar as súas apaixonantes historias na Plataforma Europeana en forma de coleccións temáticas, ofrecéndolles aos espectadores unha completa experiencia través do diverso e rico patrimonio cultural europeo.

Eidos de actuación

Os proxectos financiados por esta convocatoria han de cumprir coas condicións que se resumen a continuación (véxase na convocatoria todas as condicións detalladas):

  1. Especificar a que movemento cultural pertence e a súa relevancia para Europa.

  2. Identificar claramente a calidade e a cantidade do contido dixital para caracterizar cada colección temática polo contido que ofrece, así como polos seus criterios de selección. A calidade dos rexistros que se inclúen nas coleccións temáticas xa accesibles a través de Europeana pode que necesiten ser melloradas como parte do traballo.

  3. Mostrar cal é o público potencial, seleccionando usuarios obxectivo, máis as súas necesidades. As solicitudes deben prever mecanismos para recompilar e analizar información durante o ciclo de vida do proxecto, ademais da valoración dos servizos desenvoltos, permitíndolles crear unha idea de negocio posterior ao remate do proxecto. Esta idea de negocio incluirá medidas para asegurar o soporte do servizo, o mantemento do contido editorial das coleccións temáticas e desenvolver relación con provedores novos ou xa existentes despois da fase de financiamento. Os solicitantes deberían evidenciar, logo dun período de catro anos após do inicio do proxecto, que eles teñen os recursos financeiros e operativos requiridos para crear, conservar, xestionar e sustentar a colección.

  4. Axustarse ao Modelo de Datos de Europeana, á Política para as Coleccións Temáticas de Europeana, á Especificación do Produto para as Coleccións Temáticas de Europeana, e aos Marcos de Publicación e Licenza de Europeana.

  5. Todos os traballos e os metadatos deben estar claros para o uso en Europeana. As declaracións de dereitos deberán cumprir cos dereitos declarados dispoñibles en Europeana e reflectir o actual status dos dereitos do obxecto.

  6. Os metadatos deben incluír enlaces directos a arquivos media ou reproductores que permitan a exhibición dos obxectos contidos en Europeana. As representacións dixitais deben ser de alta resolución para asegurarlle aos usuarios unha mellor experiencia.

Destinatarios

Un ou máis Estados Membros.

  • Co consentimento dos Estados Membros ou algún Estado do Espazo Económico (en concreto, Noruega e Islandia), poderán presentarse organizacións internacionais, consorcios de empresas, consorcios públicos ou privados ou outras entidades establecidas en Estados Membros.

  • En casos excepcionais poderán tamén presentarse, co consentimento dos Estados anteriormente ditos, entidades de terceiros Estados cando participen en actividades de interese común e nas condicións establecidas na convocatoria.

Financiamento

Ata o 50% dos custes elixibles.

Orzamento total da convocatoria

2 millóns de euros

Duración do proxecto

18 meses

Data de publicación

20/09/2016

Data límite de solicitude

15/12/2016

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante