Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Facturación electrónica (eInvoicing) - CEF-TC-2016-3

Programa

MECANISMO CONECTAR EUROPA

Obxectivo xeral

Promover a adopción de solucións de facturación electrónica por parte das administracións e entidades públicas, así como apoiar solucións que faciliten a execución das últimas novidades respecto do estándar europeo de facturación electrónica e un conxunto de produtos secundarios de estandarización.

Eidos de actuación

As accións deberán ir encamiñadas cara unha das seguintes prioridades:

  • Prioridade 1: Adopción de solucións de facturación electrónica por parte das autoridades públicas: as solucións técnicas e a montaxe organizativa máis apropiadas deberán ser postas en marcha para garantir que, en particular autoridades locais e rexionais, poidan recibir e procesar a facturación económica dos operadores económicos. Para fomentar a interoperabilidade entre Estados Membros, darase preferencia ás solución que xa estean no mercado e que permitan o intercambio transfronteirizo de facturación electrónica. A solución técnica proposta para execución deberá prever o cumprimento dos futuros estándares europeos respecto da facturación electrónica.

  • Prioridade 2: Apoio á execución do estándar europeo nas solucións de factura electrónica xa existentes: financiaranse así solucións que preparen a execución do futuro estándar europeo en materia de facturación electrónica. Estas actividades deberán contribuír a alcanzar o obxectivo da Directiva de Facturación Electrónica. Darase prioridade ás solicitudes enviadas por provedores de solucións para integrar os futuros estándares europeos nos deseños de facturación electrónica actuais.

Destinatarios

  • Un ou máis Estados Membros.

  • Co consentimento dos Estados Membros ou algún Estado do Espazo Económico (en concreto, Noruega e Islandia), poderán presentarse organizacións internacionais, consorcios de empresas, consorcios públicos ou privados ou outras entidades establecidas en Estados Membros.

  • En casos excepcionais poderán tamén presentarse, co consentimento dos Estados anteriormente ditos, entidades de terceiros Estados cando participen en actividades de interese común e nas condicións establecidas na convocatoria.

Financiamento

Ata o 75% dos custes elixibles.

Orzamento total da convocatoria

7 millóns de euros

Duración do proxecto

12 meses

Data de publicación

20/09/2016

Data límite de solicitude

15/12/2016

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante