Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Internet mais seguro - CEF-TC-2016-4

Programa

MECANISMO CONECTAR EUROPA

Obxectivo xeral

Continuar apoiando a coordinación, mantemento e despregamento da plataforma central, garantindo o acceso e a oferta de contidos seguros para menores, así como as bases de datos que apoian a liña de axuda e as transaccións.

Obxectivo específico da convocatoria

Establecer e apoiar os servizos xerais ofertados polos Centros de Internet mais Seguro (SICs en inglés) nos Estados membros onde estes Centros non teñan sido seleccionados para ser apoiados na convocatoria previa de “Internet mais seguro” (CEF-TC-2015-1, baixo o Programa de Traballo de 2015), coa finalidade de traballar na súa interoperabilidade coa plataforma central da UE e os seus servizos.

Eidos de actuación

  • Establecer un punto de entrada único a ferramentas online, recursos e servizos para que os SICs poidan colaborar no desenvolvemento de recursos, avaliar e intercambiar boas prácticas, materiais e servizos de apoio á concienciación e ao ensino da seguridade dixital (eSafety), compilar estatísticas a nivel europeo para medir o impacto das actividades, facilitar e apoiar a participación xuvenil incorporando un espazo seguro dedicado ao compromiso xuvenil.

  • Crear instalacións de xestión administrativa para las liñas de axuda e liñas quentes que inclúan ambientes seguros para reunir e compartir imaxes e vídeos de abusos sexuais a menores coa finalidade de mellorar a capacidade e a aptitude destas liñas para analizar, identificar e eliminar o contido ilegal.

  • Establecer un punto de acceso central para o público en xeral onde atopar información, asesoramento e recursos en temas relacionados co uso dos menores dos servizos e tecnoloxías online, incluíndo o acceso a contido online de calidade dedicado aos menores.

  • Coordinar o desenvolvemento de contido educativo en materia de seguridade dixital, publicado como Recursos Educativos Abertos (Open Educational Resources) adaptados ás necesidades de nenos e nenas de todas as idades.

    Construción de capacidades, incluído desenvolvemento de titoriais de formación e oportunidades para o seu uso por parte da comunidade.

  • Amosar compromiso organizando eventos pan-europeos, campañas e reunións que involucren aos policymakers , á industria, investigadores, ONGs e xuventude para debater as últimas tendencias, riscos e solucións para a seguridade dos menores en rede.

Destinatarios

  • Un ou máis Estados Membros.

  • Co consentimento dos Estados Membros ou algún Estado do Espazo Económico (en concreto, Noruega e Islandia), poderán presentarse organizacións internacionais, consorcios de empresas, consorcios públicos ou privados ou outras entidades establecidas en Estados Membros.

  • En casos excepcionais poderán tamén presentarse, co consentimento dos Estados anteriormente ditos, entidades de terceiros Estados cando participen en actividades de interese común e nas condicións establecidas na convocatoria.

Financiamento

Como máximo o 50% dos custes elixibles.

Orzamento total da convocatoria

1.1 millóns de euros

Duración do proxecto

30 meses.

Data de publicación

20/09/2016

Data límite de solicitude

18/10/2016

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante