Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Cyber Seguridade - CEF-TC-2016-3

Programa

MECANISMO CONECTAR EUROPA

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral é o establecemento e posta en marcha de mecanismos de cooperación, así como o incremento das capacidades dos gobernos nacionais. No marco desta convocatoria, impúlsase a capacidade de preparación, cooperación, información, intercambio, coordinación e resposta ante as ameazas cibernéticas.

Obxectivo específico da convocatoria

A través do CEF-TC-2016-3: Cyber Security búscase a creación, mantemento ou expansión de ferramentas que operen en beneficio da seguridade cibernética, co gallo de alcanzar certo grao de preparación que permita aos gobernos locais ou nacionais estar nunha situación equilibrada dentro dos mecanismos de cooperación e no núcleo da plataforma de cooperación establecida mediante o Programa de Traballo de 2015.

Eidos de actuación

Os eidos nos que se centrarán os proxectos para reforzar ditos mecanismos de cooperación na seguridade cibernética poden ser un dos seguintes, ou ben os dous:

  • Actividades para o incremento de Equipos de Computadoras de Resposta Emerxente (CERTs) ou Equipos de Computadoras de Resposta a Incidentes de Seguridade (CSIRTs), tales como o desenvolvemento ou adquisición de ferramentas máis útiles para a análise, identificación, detección de ameazas; campañas de concienciación ou realización de servizos para axentes locais.

  • O establecemento de puntos de acceso dende os CERTs ou CSIRTs aos mecanismos de cooperación, por exemplo instalando dispositivos, software, interfaces ou entradas de seguridade; ou convertendo as ferramentas locais en formatos comúns.


As actividades que se inclúen nos proxectos solicitantes poderían ser: a adquisición e posta en funcionamento de sistemas de Tecnoloxía Informática de seguridade cibernética a nivel nacional; a elaboración de tests experimentais e adestramento de habilidades que faciliten a cooperación transfronteiriza, como simulacións ambientais, creación de infraestruturas de investigación avanzada ou salas de control de seguridade.
Tamén están incluídas outras actividades como a contratación de persoal experto, a preparación do persoal, a celebración de reunións cooperativas, o seguimento de cursos de adestramento, ou a realización de exercicios de seguridade cibernética.


Destinatarios

Un ou máis Estados Membros.

  • Co consentimento dos Estados Membros ou algún Estado do Espazo Económico (en concreto, Noruega e Islandia), poderán presentarse organizacións internacionais, consorcios de empresas, consorcios públicos ou privados ou outras entidades establecidas en Estados Membros.

  • En casos excepcionais poderán tamén presentarse, co consentimento dos Estados anteriormente ditos, entidades de terceiros Estados cando participen en actividades de interese común.

Financiamento

A porcentaxe de co-financiamento non excederá o 75% dos custos elixibles e terá como máximo o millón de euros.

Orzamento total da convocatoria

12 millóns de euros.

Data de publicación

20/09/2016

Data límite de solicitude

15/12/2016

Documentación

Comentarios

O prazo finaliza ás 17:00 horas (Bruxelas).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante