Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Traducción automática (e-translation) - CEF-TC-2016-3

Programa

MECANISMO CONECTAR EUROPA

Obxectivo xeral

Executar o mecanismo de adaptación automático basado en resultados dos programas de traballo previos, e extender a colección de recursos lingüísticos para dominios específicos, así como implementar un repositorio de recursos lingüísticos e ferramentas de procesamento tanto na plataforma central como no repositorio.

Obxectivo específico da convocatoria

Estimular a colección de recursos lingüísticos para dominios específicos que sexan de interese para os servizos públicos de toda Europa (CEF Infraestruturas de Servizo Dixital (DSIs en inglés) ou para outros servizos do sector público relevantes para o Mecanismo Conectar Europa (CEF) ou para o Mercado Dixital en xeral, coa finalidade de mellorar a calidade e a cobertura da tradución automática ofrecida pola plataforma de tradución automática do Mecanismo Conectar Europa.
Integrar, usar e estender a plataforma de tradución automática noutros servizos dixitais relevantes de carácter multilingüístico e transfronteirizo.

Eidos de actuación

Só as accións que poidan ser identificadas como “proxectos de interese común” tal e como están definidos nas Telecom Guidelines poderán recibir asistencia financeira.
Entre outros, financiaranse os proxectos que contribúan a:

  • Por en marcha o Mercado Único Dixital reducindo as barreiras lingüísticas.

  • Apoiar o lanzamento e a aceptación maioritaria das Infraestruturas do Servizo Dixital en toda Europa.

  • Dar a coñecer o potencial en aforro de custes de tradución no sector público e garantir un maior nivel de seguridade.

Destinatarios

  • Un ou máis Estados Membros.

  • Co consentimento dos Estados Membros ou algún Estado do Espazo Económico (en concreto, Noruega e Islandia), poderán presentarse organizacións internacionais, consorcios de empresas, consorcios públicos ou privados ou outras entidades establecidas en Estados Membros.

  • En casos excepcionais poderán tamén presentarse, co consentimento dos Estados anteriormente ditos, entidades de terceiros Estados cando participen en actividades de interese común e nas condicións establecidas na convocatoria.

Socios

Os consorcios deberán ter un mínimo de tres membros con base en tres Estados diferentes.

Financiamento

Como máximo o 75% dos custes.

Orzamento total da convocatoria

6.5 millóns de euros.

Duración do proxecto

De 1 a 2 anos.

Data de publicación

20/09/2016

Data límite de solicitude

15/12/2016

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante