Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Acción de Apoio ao Programa (PSA) para unha arquitectura marco europea para os servizos de transporte intelixente (ITS) baixo o Mecanismo Conectar Europa (CEF) - MOVE/C3-2016-405

Programa

MECANISMO CONECTAR EUROPA

Obxectivo xeral

Contribuír ao desenvolvemento oportuno e eficiente da rede básica de transporte e así continuar mellorando a efectividade da rede de transporte transeuropea ao mesmo tempo que se promove o crecemento e a creación de emprego.

Obxectivo específico da convocatoria

A acción proposta deberá ter por obxectivos:

  • Desenvolver unha arquitectura de referencia (ou de alto nivel) que abarque a maior parte das funcionalidades dos servizos de transporte intelixente.

  • Proporcionar unha panorámica xeral dos servizos de transporte intelixente e das súas relacións entre eles e con outras entidades, aportando unha descrición tecnolóxica independente de cada aplicación e servizo.

  • Facilitar o uso práctico por parte dos usuarios finais a través de solucións previstas.

  • Apoiar a viaxe “multimodal” e o movemento de bens a través de diferentes medios de transporte, tanto para áreas interurbanas como para áreas urbanas.

  • Reflectir o continuo desenvolvemento dos servizos de transporte intelixente así como as actividades orientadas aos usuarios para garantir o seu apoio, formación, alcance e promoción.

  • Impulsar a cooperación e os partenariados.

Eidos de actuación

Actividades que supoñan:

  • Provisión de asistencia técnica para a implementación das especificacións e standards dos datos de viaxe e tráfico.

  • Gastos vinculados ás ferramentas do transporte intelixente, centrándose no intercambio de información e o asesoramento aos usuarios.

  • Consulta e cooperación co resto de “stakeholders”.

  • Promoción, difusión do coñecemento, comunicación, concienciación e actividades de formación.

  • Estudos específicos para un maior desenvolvemento de novas especificacións e standards ou para a adaptación das xa existentes.

  • Xestión do proxecto, actividades de secretaría e reunións.

  • Coordinación e seguimento das actividades.

Destinatarios

Poderán presentarse a esta convocatoria seis ou máis Estados membros e, co consentimento do Estado membro correspondente, organizacións internacionais, consorcios ou entidades públicas ou privadas establecidas nese Estado.
É posible que as propostas sexan enviadas por entidades sen personalidade xurídica de acordo co Dereito nacional, sempre e cando os seus representantes teñan a capacidade de asumir obrigacións legais no seu nome e ofrezan garantías para a protección dos intereses financeiros da Unión. Agora ben, as propostas enviadas por persoas físicas non serán elixibles.

Socios

As accións deberán ser levadas a cabo por, como mínimo, seis Estados membros.

Financiamento

Ata o 80% dos custes elixibles.

Orzamento total da convocatoria

1.2 millóns de euros.

Duración do proxecto

4 anos

Data de publicación

29/06/2016

Data límite de solicitude

15/10/2016

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante