Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Segunda Convocatoria 2016 para infraestructuras energéticas transeuropeas del Mecanismo Conectar Europa (CEF Energy) - CEF-Energy-2016-2

Programa

MECANISMO CONECTAR EUROPA

Obxectivo xeral

Contribuír a un maior desenvolvemento e implementación de proxectos de interese común en electricidade e gas.

Obxectivo específico da convocatoria

Habilitar proxectos de interese común para que sexan preparados e implementados dentro do marco da política de redes transeuropeas no eido enerxético. En particular, a convocatoria deberá contribuír a apoiar os proxectos de infraestruturas enerxéticas de interese común que impliquen beneficios sociais significativos e que garantan unha maior solidariedade entre Estados Membros, pero que non poidan recibir un adecuado financiamento no mercado. Farase especial fincapé nos proxectos que integren un uso eficiente dos investimentos públicos.

Eidos de actuación

  • Proxectos que supoñan un aumento da competitividade, promovendo unha maior integración do mercado enerxético interno e a interoperabilidade das redes de gas e electricidade a través das fronteiras.

  • Proxectos que melloren a seguridade enerxética de Europa.
  • Proxectos que contribúan ao desenvolvemento sostible e á protección do medio ambiente, inter alia a través da integración da enerxía procedente de fontes renovables desenvolvendo redes de enerxía intelixentes.

Destinatarios

Un ou máis Estados Membros.
-Co consentimento dos Estados Membros ou algún Estado do Espazo Económico (en concreto, Noruega e Islandia), poderán presentarse organizacións internacionais, consorcios de empresas, consorcios públicos ou privados ou outras entidades establecidas en Estados Membros.
-En casos excepcionais poderán tamén presentarse, co consentimento dos Estados anteriormente ditos, entidades de terceiros Estados cando participen en actividades de interese común.

Financiamento

Ata un 50%, podendo aumentar ata o 75% en casos específicos.

Orzamento total da convocatoria

600 millóns de euros.

Data de publicación

30/06/2016

Data límite de solicitude

08/11/2016

Documentación

Contacto

INEA-CEF-Energy-calls@ec.europa.eu.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante