Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Portal Europeo de e-Xustiza (European e-Justice Portal) - CEF-TC-2016-2

Programa

MECANISMO CONECTAR EUROPA

Obxectivo xeral

Contribuír á creación dun área de xustiza europea empregando as TICs para facilitar o acceso á xustiza e iniciar procedementos xudiciais transfronteirizos, ademais de promover a cooperación xudicial.

Eidos de actuación

Accións destinadas a:
1.Interconectar Rexistros de Insolvencia: a través da implementación das especificacións do servizo web necesarias para a comunicación coa Plataforma Central de Servizo (Core Service Platform). Neste caso só poderán ser financiadas as accións presentadas por entidades públicas responsables dos rexistros de insolvencia, de empresas ou comerciais.
2.Atopar un avogado ou un notario: a través da implementación a nivel nacional por parte das asociacións correspondentes, as especificacións do servizo web necesarias para a comunicación coa Plataforma Central de Servizo (Core Service Platform). Neste caso só serán financiadas as accións presentadas polas asociacións antes mencionadas (de notarios ou de avogados)
3.Identificador Europeo de Xurisprudencia (European Case Law Identifier). Accións que axuden á adopción e implementación do ECLI estándar a nivel nacional e á provisión de xurisprudencia nacional á Plataforma Central de Servizo, coa finalidade de permitir que os usuarios procuren e atopen decisións xudiciais a través do identificador ECLI e os metadatos. Neste caso só as accións presentadas por entidades relacionadas coa compilación de xurisprudencia.
4.Acceder ó e-CODEX. Tal acceso foi creado para apoiar ós Estados membros a unirse só a dúas das redes de traballo de e-CODEX, en tanto que partes que poden recibir reclamacións dos usuarios do Portal de Xustiza. Darase prioridade ás aplicacións que, ademais de recibir esas reclamacións, propoñan responder enviando comunicacións e decisións xudiciais dos xulgados nacionais a través do e-CODEX ós usuarios do Portal.
5.Base de datos do Tribunal Europeo: adaptación e/ou extensión das bases de datos nacionais para implementar un mecanismo que importe automaticamente datos relevantes. Neste caso, só serán admisibles as accións propostas por administracións públicas.

Destinatarios

Un ou máis Estados Membros.
-Co consentimento dos Estados Membros ou algún Estado do Espazo Económico (en concreto, Noruega e Islandia), poderán presentarse organizacións internacionais, consorcios de empresas, consorcios públicos ou privados ou outras entidades establecidas en Estados Membros.
-En casos excepcionais poderán tamén presentarse, co consentimento dos Estados anteriormente ditos, entidades de terceiros Estados cando participen en actividades de interese común.

Financiamento

Como máximo o 75% dos custes.

Orzamento total da convocatoria

2 millóns de euros.

Duración do proxecto

2 anos.

Data de publicación

12/05/2016

Data límite de solicitude

15/09/2016

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante