Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Public Open Data - CEF-TC-2016-2

Programa

MECANISMO CONECTAR EUROPA

Obxectivo xeral

Axudar a potenciar o desenvolvemento dos produtos de información e os servizos baseados na reutilización e combinación dos datos abertos ó público por toda a Unión Europea.

Eidos de actuación

Accións destinadas a:
-Facilitar a reutilización dos conxuntos de datos que pertenzan ó mesmo dominio e sexan xerados por diferentes autoridades en áreas transfronteirizas, por exemplo harmonizando os metadatos máis alá do uso do mesmo modelo de metadatos.
-Encarar as cuestións técnicas e legais incluíndo a adopción das condicións harmonizadas para a reutilización, xa sexa a través do acceso directo ou dun servizo específico.
-Encarar as prioridades tal e como está previsto na nota da Comisión 2014/C 240/01 “Guidelines on recommended standard licences, datasets and charging for the reuse of documents.
-Facer máis eficiente o proceso de produción de datos e metadatos e implementar un proceso sustentable para garantir o mantemento a longo prazo dos conxuntos de datos harmonizados, segundo o modelo común elixido, así como facilitar as súas actualizacións con posterioridade á inclusión inicial.
-Actuar como ligazón con outras actividades (Actividades do Programa de Traballo de 2014).
-Analizar os beneficios previstos para os cidadáns e cidadás e/ou as empresas como resultado das accións propostas.

Destinatarios

Un ou máis Estados Membros.
-Co consentimento dos Estados Membros ou algún Estado do Espazo Económico (en concreto, Noruega e Islandia), poderán presentarse organizacións internacionais, consorcios de empresas, consorcios públicos ou privados ou outras entidades establecidas en Estados Membros.
-En casos excepcionais poderán tamén presentarse, co consentimento dos Estados anteriormente ditos, entidades de terceiros Estados cando participen en actividades de interese común.

Financiamento

Como máximo o 50% dos custes.

Orzamento total da convocatoria

3.5 millóns de euros.

Duración do proxecto

24 meses.

Data de publicación

12/05/2016

Data límite de solicitude

15/09/2016

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante