Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Envío electrónico de documentos (eDelivery) - CEF-TC-2016-2

Programa

MECANISMO CONECTAR EUROPA

Obxectivo xeral

Procurar melloras reais na vida cotiá dos cidadáns e cidadás, das empresas (incluíndo PEMEs) e administracións a través dun despregamento de sólidas infraestruturas interoperativas trans-europeas.

Obxectivo específico da convocatoria

Aumentar a resposta e o uso do eDelivery DSI apoiando a montaxe de puntos de acceso adicionais e un servizo de metadatos unido á Plataforma Central de Servizo da UE (UE Core Service Platform) coa finalidade de apoiar o intercambio transfronteirizo de documentos electrónicos entre as entidades públicas e privadas, así como entre entidades, cidadáns e empresas. Os puntos de acceso e os servizos de metadatos atoparanse nos Estados Membros e os Estados participantes do Mecanismo Conectar Europa.

Eidos de actuación

As actividades que poden ser levadas a cabo dentro desta convocatoria deberán:
-Contribuír ó cumprimento dos requisitos establecidos no Regulamento do eIDAS para permitir o seu uso e a posta a disposición de servizos de entrega electrónicos rexistrados, incluíndo os cualificados.
-Contribuír ó cumprimento dos requisitos establecidos en relación coa utilización e/ou funcionamento dos puntos de acceso noutros Regulamentos europeos (transporte, medio ambiente, enerxía, saúde, contratación pública electrónica, xustiza...).



En concreto, algunhas destas actividades serán:
-Despregar puntos de acceso e/ou poñer en funcionamento puntos de acceso durante un ano.
-Despregar o servizo de metadatos e/ou poñelo a funcionar durante un ano.
-Mellorar as solucións de intercambio de datos para apoiar, e deste xeito cumprir completamente, cos standards eDelivery do Mecanismo Conectar Europa.

Destinatarios

Un ou máis Estados Membros.
-Co consentimento dos Estados Membros ou algún Estado do Espazo Económico (en concreto, Noruega e Islandia), poderán presentarse organizacións internacionais, consorcios de empresas, consorcios públicos ou privados ou outras entidades establecidas en Estados Membros.
-En casos excepcionais poderán tamén presentarse, co consentimento dos Estados anteriormente ditos, entidades de terceiros Estados cando participen en actividades de interese común.

Financiamento

Como máximo o 75% dos custes.

Orzamento total da convocatoria

0.5 millóns de euros.

Duración do proxecto

24 meses.

Data de publicación

12/05/2016

Data límite de solicitude

15/09/2016

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante